Illas Baleares
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Baleares[1] (en catalán e oficialmente: Illes Balears) son un arquipélago e unha comunidade autónoma española situada no mar Mediterráneo, xunto á costa oriental da Península Ibérica. A súa capital é Palma, e a lingua propia autóctona é o catalán. O seu principal recurso é o turismo, sobre todo procedente de Alemaña e do Reino Unido, quen o consideran coma destino de viaxes por excelencia.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Illes Balears (ca) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Capital | Palma | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.176.659 (2022) (235,72 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.991,66 km² | ||||
Lonxitude da costa | 1.428 m | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Punto máis alto | Puig Major (1.436 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía 1229 ↔ 1287: Conquista de Maiorca por Jaime I (pt) 1276: Reino de Mallorca 1715: Bourbons conquer Majorca (en) causado por Guerra de Sucesión Española 28 de novembro de 1715: Reino de España causado por Nueva Planta of the Kingdom of Mallorca 1833: Provincia de Baleares causado por División territorial de España en 1833 1 de marzo de 1983: Estatuto de Autonomía das Illas Baleares de 1983 | |||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Goberno das Illas Baleares | ||||
• Presidente (pt) | Margarita Prohens Rigo (pt) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento das Illas Baleares Circunscrición: 4, (Escano: 59) | ||||
Máxima autoridade xudicial | High Court of Justice of the Balearic Islands (en) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-IB | ||||
Código NUTS | ES53 | ||||
Páxina web | caib.es |
O arquipélago está formado por dous grupos de illas e numerosos illotes: as Gimnesias (Menorca, Mallorca e Cabrera e algúns illotes próximos como Dragonera, Conillera e a illa de l'Aire) e as Pitiusas (Eivisa e Formentera e os distintos illotes que as rodean como s'Espalmador e s'Espardell). Conta con importantes industrias de alfaias (as perlas de Majórica) e un parque nacional marítimo-terrestre en Cabrera.
As illas estiveron poboadas desde tempos remotos. As primeiras aparicións de poboadores remóntanse ao III milenio a.C. Aínda que hai vestixios dunha presenza humana en Eivisa e Formentera durante a Idade de Bronce, posteriormente durante varios séculos estas illas atopáronse despoboadas, mentres que Mallorca e Menorca estaban habitadas por un pobo mal coñecido, cuxa cultura característica era a cultura talaiótica.
Posteriormente, producíronse colonizacións de gregos, fenicios e cartaxineses. Eivisa e Formentera non volveron ter unha presenza humana estable ata as colonizacións fenicias no século VII a.C., sendo a súa nova poboación moi probablemente de orixe semítico (de fenicios e púnicos). Máis tarde os romanos conquistaron o conxunto das illas no ano 123 a. C., unificando por primeira vez todo o arquipélago baixo unha mesma administración e unha mesma cultura (pois había unha dicotomía do fondo étnico entre as Pitiusas, poboadas por semitas, e as Gimnesias, con xentes pertencentes á cultura talaiótica), aínda que esta colonización foi pouco intensa. Incorporadas en principio á Hispania Citerior e posteriormente á Tarraconense, as illas formaron parte da provincia Carthaginense durante o Baixo Imperio, chegando a finais do século IV a constituírse en provincia independente, Balearica.
No ano 455, os vándalos ocuparon as Illas Baleares. Pouco despois, no ano 534, foron conquistadas polas tropas de Xustiniano e integradas ao imperio Bizantino ata principios do século VIII. A crise económica e demográfica do arquipélago, ao longo dos séculos VII ao IX, expúxolles de forma crecente aos ataques exteriores. Logo dunha etapa de incursións, o emirato de Córdoba ocupounas no 903. Posteriormente, dependeron da taifa de Dénia (1013-1067), do imperio almorábide (1120-1203) e dos almohades (do 1203 ata a conquista aragonesa).
A Coroa de Aragón experimentou durante os séculos XII e XIII unha forte expansión cara ao Mediterráneo, que a levou até as Baleares. Xaime I de Aragón capitaneou unha frota que desembarcou en Mallorca a finais do verán de 1229. Logo de longos combates que se prolongaron durante meses, o rei entrou vitorioso na cidade o 31 de decembro dese mesmo ano. O asalto foi seguido dunha matanza indiscriminada que ocasionou un verdadeiro xenocidio da poboación mallorquina, tanto é así que os miles de cadáveres que non puideron ser enterrados provocaron unha epidemia entre os conquistadores que causou numerosas baixas. Como consecuencia, os nobres quixeron quedar con todo o botín no canto de sortealo entre a tropa. Isto provocou a revolta de peóns e cabaleiros. Finalmente produciuse a repartición do botín que durou ata o 30 de abril de 1230.
Grazas a todo isto, os musulmáns sobreviventes tiveron tempo de organizar diversos focos de resistencia nas montañas, o que prolongou un par de anos as loitas contra os musulmáns de Mallorca que, finalmente, terminaron convertidos en escravos ou semi-escravos.
Toda esta destrución debilitou tamén ao exército de Xaime I ata o punto de que, cando Menorca pediu a vasalaxe da Coroa, séndolle concedida. Así, Menorca converteuse nunha Taifa autónoma, onde a relixión e a cultura árabe mantivéronse durante medio século máis. Mais en xaneiro de 1287, a frota de Afonso II, o Franco, chegou ao porto de Maó. Pactouse a capitulación da illa de forma que os caudillos e nobres puideron escapar dos cataláns a cambio de entregar ao resto da poboación para que se lles escravizara. Polo que respecta a Eivissa, tamén foi conquistada por Xaime I, mais en agosto de 1236 os seus habitantes foron tamén escravizados e os seus bens repartidos entre os magnates.
Xaime I de Aragón deu ás illas unha estrutura administrativa bastante autónoma dentro da Coroa de Aragón ao formar estas o Reino de Mallorca, que chegou a ser completamente independente uns anos. Tras a unión dinástica dos Reis Católicos, as illas foron obrigadas a integrarse, do mesmo xeito que os demais reinos da península, na nova unidade dinástica. Máis tarde, aplicouse un decreto español prohibindo o catalán e obrigando a españolizar as illas (1718).
A illa de Menorca estivo ocupada entre 1708 e 1802 por tropas inglesas, por mor da guerra de sucesión. Durante a II República (1931-1939) proxectouse sen éxito un Estatuto de Autonomía para as Illas Baleares.
En 1936, co inicio da guerra civil española, o arquipélago queda dividido en dúas zonas: a parte central e oeste (Formentera, Eivisa, Mallorca) quedan dentro do area dominada polos militares alzados contra a Segunda República Española, mentres en Menorca fracasa a insurrección. Nos primeiros meses do conflito, desenvolverase desde Cataluña principalmente, unha operación para tomar Mallorca, o chamado Desembarco de Mallorca, que se desenvolvería entre agosto e setembro de 1936 e que finalmente sería rexeitado polo exército franquista, volvendo quedar as cousas igual que antes. A illa de Menorca non será ocupada ata o final da guerra.
Tras a transición regresan os ánimos autonomistas e en 1983 finalmente é aprobado un Estatuto de Autonomía.
Na seguinte táboa pódense ver as principais illas das Baleares as súas características.
O arquipélago sufriu un gran crecemento demográfico tras o boom turístico dos anos 60: no período 1970-2005, este foi do 76,10%, fronte ao 29,90% da media española. No ano 2005, a poboación total das illas ascendía a 983.131 persoas.
Listaxe | Cidade | Illa | Pob. | Listaxe | Cidade | Illa | Pob. | Palma Calvià Eivissa |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Palma | Mallorca | 404.681 | 11 | Sant Josep de sa Talaia | Eivissa | 22.871 | |
2 | Calvià | Mallorca | 51.462 | 12 | Sant Antoni de Portmany | Eivissa | 22.136 | |
3 | Eivissa | Eivissa | 49.516 | 13 | Alcúdia | Mallorca | 19.112 | |
4 | Manacor | Mallorca | 40.859 | 14 | Felanitx | Mallorca | 18.225 | |
5 | Llucmajor | Mallorca | 36.681 | 15 | Pollença | Mallorca | 16.981 | |
6 | Marratxí | Mallorca | 33.883 | 16 | Sóller | Mallorca | 14.075 | |
7 | Santa Eulària des Riu | Eivissa | 32.637 | 17 | Sa Pobla | Mallorca | 12.831 | |
8 | Inca | Mallorca | 29.321 | 18 | Santanyí | Mallorca | 12.823 | |
9 | Ciutadella de Menorca | Menorca | 29.247 | 19 | Son Servera | Mallorca | 12.286 | |
10 | Maó | Menorca | 29.050 | 20 | Capdepera | Mallorca | 11.929 | |
Censo 2010[2] |
A poboación balear medra a un ritmo vertixinoso, principalmente pola inmigración, que supón o 15,75% de poboación, sendo a primeira Comunidade Autónoma e a segunda provincia (tras Alacant) de España con maior número de residentes foráneos. Un 39,66% dos estranxeiros proveñen da Unión Europea, destacando os alemáns (14,59% do total), os británicos (9,58%), os italianos (5,46%) e os franceses (3,60%). Un 34,34% vén de Iberoamérica, destacando polo seu número os ecuatorianos (10,32%), os arxentinos (7,62%), os colombianos (5,95%) e os uruguaios (2,39%). Un 11,02% vén de África do Norte, principalmente de Marrocos, e un 7,54% provén de Europa do Leste, sobre todo de Romanía e Bulgaria.
As Baleares son actualmente bilingües no dialecto balear do catalán, xa que foron repoboadas maioritariamente por payeses do Rosellón, Xirona e Barcelona durante a Reconquista, e o castelán. Ademais, nas zonas turísticas, fálanse o inglés e alemán. A pesar da cooficialidade existente, a maioría de carteis municipais e rexionais e demais documentos están en só en catalán, como resultado dunha vontade para conservar a lingua autóctona.
A situación sociolingüística das Illas desembocou nun bilingüismo unidireccional favorable ao castelán, de tal xeito que, aínda que a maioría de habitantes entenden as dúas linguas, o bilingüismo activo (é dicir, falar as dúas linguas) é practicado case exclusivamente polos catalansfalantes, sendo os castelán-falantes maioritariamente monolingües no plano verbal.
A capital das Illas Baleares e da illa de Mallorca é a cidade de Palma, tamén chamada Ciutat en Mallorca. Aí está a sede do Goberno das Illas Baleares (Govern) e do Consello Insular de Mallorca.
Á marxe do goberno autonómico, as illas están divididas en catro Consellos Insulares (consells insulars en catalán):
Cabe indicar que nas eleccións habidas en maio de 2007, por primeira vez votouse aos Consellos insulares directamente. Dende as eleccións de 2007 vótase separadamente para o goberno dos Consellos Insulares, cuxos membros anteriormente coincidían cos deputados de cada illa elixidos para o Parlamento das Illas Baleares (Parlament).
Os símbolos das Illas Baleares están integrados na bandeira. Estes símbolos son distintivos e lexitimados historicamente: as catro barras horizontais sobre un fondo amarelo, e o cuarto de fondo morado cun castelo branco de cinco torres en medio. Cada illa tamén pode ter a súa propia bandeira.
Aínda así, foise cuestionando[3], dende a súa oficialización o uso desta bandeira e a súa lexitimación histórica, xa que moitas veces só é considerada unha modificación da bandeira de Mallorca, que de feito tamén está inspirada escudo de Palma.
O outro símbolo das Illas Baleares, é o Día das Illas Baleares, festexado o 1 de marzo, data na que entrou en vigor o Estatuto de Autonomía de 1983.
A pesar que durante moito tempo creuse que "Baleares" proviña da palabra grega ballein que significa "lanzar", ultimamente cambiouse de opinión e parece que se descarta a orixe helénico. O certo é que os gregos utilizaron a palabra Gimnesias para referirse ás illas de Menorca e Mallorca. En cambio, cartaxineses e romanos preferiron a denominación "Baleares" para Menorca e Mallorca. Todos eles chamaron a Eivissa e Formentera Pitiusas.
A orixe do nome "Baleares" non é grego senón fenicio. Provén do plural "ba' lé yaroh". O substantivo "ba' lé" significa "os que exercitan o oficio de" e actúa como suxeito do verbo "yaroh" que significa "tirar pedras". O significado final sería algo así como "os mestres do lanzamento". E estes mestres do lanzamento son os fondeiros das illas. Así pois, Baleares significa "fondeiros". Autores clásicos como Plinio ou Diodoro falaron moito deles. Pero é a narración de Licofronte de Calcis, no seu poema hermético Alexandra (versos 633-641), cando fala dos fuxitivos da guerra de Troia que chegan ás Baleares, ás que o chama Gimnesias, onde se dá esta descrición:
E outros, logo de navegar como cangrexos nas rocas de Gimnesis rodeados de mar, arrastraron a súa existencia cubertos de peles peludas, sen vestidos, descalzos, armados de tres fondas de dobre cordada. E as nais sinalaron ao seu fillos máis pequenos, en xaxún, a arte de tirar; xa que ningún deles probará o pan coa boca se antes, con pedra precisa, non acerta un pedazo posto sobre un pau como brancoLicofronte de Calcis, Alexandracor
Esta fama e probablemente un exceso de poboación deu lugar a que moitos destes fondeiros das illas terminasen nutrindo aos exércitos cartaxinés e, máis tarde, romano. Parece ser que o costume de utilizar a fonda nas illas non se abandonou entre os campesiños ata ben entrado o século XX. En Menorca, ata non fai moitos anos, existía a tradición que, para entrar en determinados gremios, o aspirante tiña que acertar cunha pedra, e sen errar ningún tiro, oito espazos baleiros entre dúas barras.
Gimnesias e Pitiusas tiveron unha historia xeográfica diferente. Durante as glaciacións do Cuaternario, debido á acumulación de auga en forma de xeo nos casquetes polares e nas grandes serras, mares e océanos baixaron de nivel. Isto provocou que se unisen Menorca e Mallorca por unha banda e Eivissa e Formentera polo outro. Todas as faunas e floras mesturáronse, pero entre a Gran Gimnesia e a Gran Pitiusa non foi así xa que permaneceu unha canle mariña de máis de 70 km, infranqueable pola fauna terrestre. A menor medida da Gran Gimnesia (2.000 km²) e un clima máis árido provocou a extinción da fauna terrestre e a falta de vexetais arbóreos notables.
No pasado, Gimnesias e Pitiusas tiveron ecosistemas distintos. As Gimnesias tiñan bosques de aciñeiras no interior e nos chairos costeiros grandes bosques de buxo balear (buxus balearica), planta que aínda se pode atopar de forma residual en Mallorca. As Pitiusas estaban practicamente espidas de vexetación arbórea e predominaban as herbas nitrófilas produto do efecto das dexeccións da gran cantidade de colonias de aves que tiñan.
No pasado, a fauna das Gimnesias e das Pitiusas era moi distinta. Parece ser que, fóra das especies voadoras (aves, morcegos e insectos voadores) non compartían case ningunha especie terrestre: diferentes comunidades vexetais, diferentes herbívoros, diferentes carnívoros.
O PIB por habitante das illes é un dos máis altos do Estado Español. O elemento socioeconómico máis determinante das últimas décadas da economía balear é o turismo, porén, o comportamento turístico é diferente segundo a illa. As illas de Mallorca e Eivissa teñen un fluxo turístico máis intenso, recibindo turistas principalmente alemás e ingleses, aínda que tamén moitos italianos sobre todo en Eivissa. Con todo, Menorca entrou máis tarde na industria do turismo, recibindo agora moitos turistas ingleses. No caso de Formentera a illa estivo apartada dos efectos desta industria, entre outras cousas polo seu pequeno tamaño e a falta de auga potable, mais ten recibido turistas principalmente italianos.
En tódalas illas o turismo do resto do estado español non representa máis dun cuarto do total, sendo en Eivissa onde é máis marcado (principalmente mozos atraídos pola fama das súas discotecas).
Este fenómeno do turismo modificou pois o tipo de economía das illas, traballando agora máis dun 70% da poboación no sector servizos. Ademais cómpre destacar a industria do téxtil, o coiro e o calzado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.