From Wikipedia, the free encyclopedia
O Consello Insular de Mallorca (en catalán: Consell Insular de Mallorca) é unha institución de autogoberno no ámbito da illa de Mallorca. Foi creado en 1978 logo da aprobación do réxime de Consellos Insulares e instituído oficialmente segundo o Estatuto de Autonomía das Illas Baleares de 1983. Está regulado pola Lei de Consellos Insulares.
A institución exerce, segundo as competencias, un poder lexislativo (Pleno do Consello) e executivo. O pleno está composto por 33 deputados. Este pleno encárgase de aprobar as leis e elixir o presidente da institución, que á súa vez nomea ao Consello Executivo.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Conselleiros obtidos por partido (1979-2011) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1979 | 1983 | 1987 | 1991 | 1995 | 1999 | 2003 | 2007 | 2011 | |
Unión de Centro Democrático (UCD) | 15 | - | 3 | - | - | - | - | - | - |
Partido Popular (PP) | - | 11 | 13 | - | 16 | 16 | 16 | 16 | 19 |
Partido Popular - Unió Mallorquina (PP-UM) | - | - | - | 18 | - | - | - | - | - |
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | 6 | 11 | 11 | 11 | 8 | 8 | 9 | 10 | 10 |
Unió Mallorquina (UM) | - | 6 | 4 | - | 2 | 3 | 3 | 3 | - |
Unió Independent de Mallorca (UIM) | - | - | - | 1 | - | - | - | - | - |
PSM-Entesa Nacionalista (PSM-EN) | 2 | 2 | 2 | 3 | 5 | 4 | 3 | - | 4 |
Esquerra Unida-Esquerra Verda (EU-EV) | 1 | - | - | - | 2 | 2 | 2 | - | - |
Bloc per Mallorca (PSM-EN. EU-EV, Esquerra) | - | - | - | - | - | - | - | 4 | - |
Total | 24 | 30 | 33 | 33 | 33 | 33 | 33 | 33 | 33 |
Trala etapa preautonómica, na que Jeroni Albertí (UM) foi o Presidente do Consello, seguiron na etapa autonómica cinco presidencias ata a actualidade:
No. | Nome | Inicio | Fin | Partido |
---|---|---|---|---|
1. | Jeroni Albertí Picornell | 24 de xuño de 1979 | 27 de setembro de 1982 | UCD |
2. | Maximiliano Morales Gómez | 27 de setembro de 1982 | 23 de xuño de 1983 | UCD |
3. | Jeroni Albertí Picornell | 23 de xuño de 1983 | 29 de xuño de 1987 | UM |
4. | Joan Verger Pocoví | 29 de xuño de 1987 | 7 de xullo de 1995 | PP |
5. | Maria Antònia Munar i Riutort | 7 de xullo de 1995 | 29 de xuño de 2007 | UM |
6. | Francina Armengol Socías | 7 de xullo de 2007 | 14 de xuño de 2011 | PSIB-PSOE |
7. | Maria Salom Coll | 14 de xuño de 2011 | 4 de xullo de 2015 | PP |
8. | Miquel Ensenyat Riutort | 4 de xullo de 2015 | 6 de xullo de 2019 | Més |
9. | Catalina Cladera Crespí | 6 de xullo de 2019 | actualidade | PSIB-PSOE |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.