From Wikipedia, the free encyclopedia
O Consello Insular de Formentera (en catalán: Consell Insular de Formentera) é a institución de autogoberno da illa de Formentera, nas Baleares, que exerce as funcións de concello e de consello insular.
Creouse en 2007 coa aprobación do Estatuto de Autonomía. O novo Consello foi constituído 45 días despois das eleccións locais do 27 de maio de 2007, o 10 de xullo do mesmo ano. Está regulado pola Lei de Consellos Insulares.
O Consell de Formentera xorde logo da separación do seu órgano antecesor, o Consello Insular de Eivisa e Formentera que dispoñía o Estatuto. A proposta foi aprobada no pleno municipal o 15 de decembro de 2005, e incluída no artigo 60 do Estatuto aprobado o 13 de xuño de 2006.
O primeiro Consello de Formentera foi constituído o 10 de xullo de 2007 no antigo cine de Sant Francesc de Formentera, e escolleu a Jaume Ferrer Ribas, candidato de Gent per Formentera, como presidente.[1]
O 17 de novembro de 2009 o Consello de Formentera escolleu unha nova bandeira e un novo escudo para a corporación.[2]
O Consello de Formentera está formado por trece conselleiros, que son ademais concelleiros, elixidos cada catro anos nas eleccións locais.
As primeiras eleccións ao Consello, que tiveron lugar o 27 de maio de 2007, gañounas Gent per Formentera, unha formació localista e de esquerdas que obtivo máis de 1.100 votos e 5 concelleiros, máis de 100 votos máis que o PP, que tivo pouco máis de 1.000 e 4 concelleiros. Máis lonxe, o Partido Socialista en Formentera e o Grupo de Independentes de Formentera obtiveron 2 concelleiros cada un.
Os socialistas e Gent per Formentera chegaron a un acordo polo que Jaume Ferrer Ribas foi elixido alcalde de Formentera e, consecuentemente, presidente do primeiro Consello de Formentera.
Nas eleccións do 22 de maio de 2011 Gent per Formentera volveu ser o partido máis votado, pero esta vez goberna en minoría, sen conseguir acordo co PSIB-PSOE.
No. | Nome | Inicio | Fin | Partido |
---|---|---|---|---|
1. | Jaume Ferrer Ribas | 10 de xullo de 2007 | Actualidade | GxF |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.