Os herpesvíridos (Herpesviridae) son unha gran familia de virus de ADN que causan enfermidades en animais, incluíndo os humanos.[1][2][3] Os membros desta familia coñécense normalmente como herpesvirus. O nome da familia deriva da palabra grega herpein ("reptar"), referíndose á forma de estenderse pola pel dalgunhas infeccións por herpesvirus, como o reptar das cobras. Os Herpesviridae poden causar infeccións latentes ou líticas.

Máis información Herpesviridae, Clasificación científica ...
Herpesviridae
Clasificación científica
Grupo: I (Virus ADN bicatenario)
Orde: Herpesvirales
Familia: Herpesviridae
Xéneros

Subfamilia: Alphaherpesvirinae

  • Iltovirus
  • Mardivirus
  • Simplexvirus
  • Varicellovirus
  • Non asignados

Subfamilia: Betaherpesvirinae

Subfamilia: Gammaherpesvirinae

  • Lymphocryptovirus
  • Macavirus
  • Percavirus
  • Rhadinovirus
  • Non asignados

Subfamilia: Non asignada

  • Non asignados
Pechar

Existen polo menos cinco especies de Herpesviridae que están moi estendidas entre os humanos, que son: HSV-1 e HSV-2 (que causan o herpes orolabial e o herpes xenital), virus varicela zóster (que causa a varicela e o herpes zóster), virus de Epstein-Barr (que causa a mononucleose), e o citomegalovirus. Considérase que nalgúns países máis do 90% dos adultos foron infectados por polo menos algún deles, e unha forma latente dos virus permanece no corpo da maioría da xente.[4][5][6] En total, existen 8 tipos de herpesvirus que poden infectar aos humanos: virus herpes simplex 1 e 2, virus varicela-zóster, EBV (virus de Epstein-Barr), citomegalovirus humano, herpesvirus humano 6 e 7, e herpesvirus asociado ao sarcoma de Kaposi.[7] Coñécense máis de 130 herpesvirus,[8] e ademais de a mamíferos, algúns poden infectar aves, peixes, réptiles, anfibios e moluscos.[7]

Estrutura dos virus

Todos os herpesvirus comparten unha estrutura común: todos están compostos por un xenoma de ADN linear bicatenario e ralativamente grande, que codifica de 100-200 xenes, que está rodeado por unha cuberta proteica icosaédrica ou cápside, que á súa vez está envolta nunha capa proteica chamada tegumento, que contén proteínas e ARNm virais, e unha envoltura de membrana formada por unha bicapa lipídica. A partícula completa é o virión.

Ciclo vital dos herpesvirus

Todos os herpesvirus se replican no núcleo. O ADN viral transcríbese a ARNm no núcleo da célula infectada.

A infección iníciase cando unha partícula viral contacta cunha célula que ten un tipo específico de moléculas receptoras de superficie. Despois de que as glicoproteínas da envoltura nuclear se unen aos receptores de membrana, o virión é internalizado e desmantelado, o que permite que o ADN viral migre ao núcleo da célula. Dentro do núcleo ten lugar a replicación do ADN viral e a transcrición dos xenes virais.

Durante a infección sintomática, as células infectadas transcriben os xenes virais líticos. Nalgunhas células hóspede, en vez diso, acumúlase un pequeno número de xenes virais denominados transcritos asociados á latencia (LAT). Deste modo o virus pode persistir na célula (e, por tanto, no hóspede) indefinidamente. Aínda que a infección primaria vai acompañada a miúdo por un período autolimitado de enfermidade clínica, a latencia a longo prazo non ten síntomas.

A ractivación de virus latentes foi implicada en varias doenzas, como por exemplo, o herpes zóster ou a pitiríase rósea. Despois da activación, a transcrición de xenes virais cambia dos xenes LAT asociados á latencia a múltiples xenes líticos; estes potencian a replicación e a produción de virus. Con frecuencia, a activación lítica causa a morte celular. Clinicamente, a activación lítica é a miúdo acompañada pola emerxencia de síntomas non específicos como febre baixa, dor de cabeza, dor de gorxa, malestar xeral, e erupcións cutáneas e de síntomas clínicos como o inchazo ou amolecemento dos ganglios linfáticos e variacións inmunolóxicas como a redución dos niveis de células asasinas naturais.

Taxonomía

O primeiro herpesvirus foi illado do ñu azul en 1960 polo científico veterinario Walter Plowright.[9] O xénero Herpesvirus foi establecido en 1971 no primeiro informe do Comité Internacional de Taxonomía de Virus (ICTV). O xénero constaba de 23 virus e 4 grupos de virus. No segundo informe do ICTV de 1976 este xénero foi elevado ao nivel de familia: os Herpetoviridae. Debido á posible confusión que se podía dar cos virus derivados de réptiles este nome foi cambiado no terceiro informe de 1979 a Herpesviridae. Neste informe a familia Herpesviridae foi dividida en tres subfamilias (Alphaherpesvirinae, Betaherpesvirinae e Gammaherpesvirinae) e 5 xéneros sen nome: na lista había 21 virus en total. En 2009 a familia Herpesviridae foi elevada á categoría de orde co nome Herpesvirales. Esta elevación foi necesaria debido ao descubrimento de que os virus herpes de peixes e moluscos estaban relacionados só moi distantemente cos de aves e mamíferos. Creáronse dúas novas familias, a familia Alloherpesviridae, que incorpora os virus de peixes óseos e ras, e a familia dos Malacoherpesviridae, que contén os de moluscos.

A familia ten actualmente 3 subfamilias e 1 grupo de non asignados, e ten 17 xéneros, 90 especies e máis de 48 virus aínda non asignados.[10]

Sistema de nomenclatura

O sistema de nomenclatura dos virus herpes orixinouse en 1973 e foi moi elaborado desde entón. O sistema de nomenclatura recomendado especificaba que cada virus herpes debería nomearse polo taxon (familia ou subfamilia) á cal pertence o seu hóspede natural principal. O nome da subfamilia utilízase para virus procedentes de mamíferos da familia Bovidae ou de primates (o nome do virus acaba en –ino, por exemplo bovino), e o nome da familia hóspede para outros virus (acabado en –ido, por exemplo équido). Os virus herpes humanos foron tratados como unha excepción dentro deste sistema (usan humano en vez de homínido). Ao termo derivado do hóspede, engádese a palabra herpesvirus, seguida dun número arábigo (1,2,3,...). Estas dúas últimas adicións ao nome non implican ningún significado sobre as propiedades taxonómicas ou biolóxicas do virus.

Hai algunhas excepcións máis a este sistema. Varios nomes de virus (como o virus Epstein–Barr) están tan difundidos que non é práctico insistir no seu cambio. Isto levou a que na práctica exista unha nomenclatura dual na literatura científica para algúns dos virus herpes. Todos os virus herpes novos descritos desde que se adoptou este sistema foron nomeados de acordo con el.

Evolución

As tres subfamilias de mamíferos destes virus (Alfa, Beta e Gamma) orixináronse hai aproximadamente entre 180 e 220 millóns de anos.[11] As principais subliñaxes dentro destas subfamilias foron xeradas probablemente antes da radiación dos mamíferos de hai entre 80 e 60 millóns de anos. As especiacións dentro das subliñaxes tiveron lugar nos últimos 80 millóns de anos probablemente cun compoñente principal de coespeciación coas liñaxes dos hóspedes.

Evasións do sistema inmunitario

Os herpesvirus son coñecidos pola súa capacidade de establecer infeccións que duran toda a vida. Unha maneira en que fan isto posible é por medio da evasión do control do sistema inmunitario por medio de varios mecanismos. Un deses modos de evasión é codificar unha proteína que imite a interleucina 10 humana (hIL-10) e outra é regular á baixa o complexo maior de histocompatibilidade II (MHC II) nas células infectadas.

cmvIL-10

As investigacións realizadas en citomegalovirus (CMV) indican que o homólogo viral da IL-10 humana (hIL-10), chamado cmvIL-10, é importante para inhibir a síntese de citocinas proinflamatorias. A proteína cmvIL-10 ten un 27% de identidade coa hIL-10, pero só un dos nove residuos de aminoácidos conservados que forman na hIL-10 o sitio funcional para a inhibición da síntese de citocinas. Porén, hai moita semellanza nas funcións da hIL-10 e da cmvIL-10. Ambas as dúas regulan á baixa a IFN-γ, IL-1α, GM-CSF, IL-6 e TNF-α, as cales son todas citocinas proinflamatorias. Tamén desempeñan un papel na regulación á baixa do MHC I e MHC II e na regulación á alza de HLA-G (un MHC I non clásico). Estes dous eventos facilitan a evasión inmunitaria ao suprimiren a resposta inmune mediada por células e a resposta das células asasinas naturais, respectivamente. As semellanzas entre a hIL-10 e a cmvIL-10 poden explicarse polo feito de que ambas as dúas usan a mesmo receptor da superficie celular, o receptor de hIL-10. Unha diferenza na función da hIL-10 e a cmvIL-10 é que a hIL-10 causa que as células mononucleares do sangue periférico (PBMC) tanto incrementen coma diminúan a súa proliferación, mentres que a cmvIL-10 só causa un decrecemento na proliferación dos PBMCs. Isto indica que a cmvIL-10 pode carecer dos efectos estimuladores que ten a hIL-10 sobre estas células.[12]

Atopouse que a cmvIL-10 funciona por medio da fosforilación da proteína STAT3. Pensábase inicialmente que esta fosforilación era un resultado da actividade da vía JAK-STAT, pero, malia as evidencias de que JAK realmente fosforila a STAT3, a súa inhibición non ten unha influencia significativa sobre a inhibición da síntese de citocinas. Outra proteína, a PI3K, tamén pode fosforilar a STAT3. A inhibición por PI3K, a diferenza da inhibición por JAK, si ten un impacto significativo sobre a síntese de citocinas. A diferenza entre PI3K e JAK na fosforilación de STAT3 é que PI3K fosforila a STAT3 no residuo S727 mentres que JAK o fai no residuo Y705. Esta difeenza nas posicións de fosforilación parece ser o factor clave na activación de STAT3, que leva á inhibición da síntese de citocinas proinflamatorias. De feito, cando se engade ás células un inhibidor de PI3K, a síntese dos niveis de citocinas recupérase significativamente. O feito de que os niveis de citocinas non se recuperan totalmente indica que hai outra vía activada pola cmvIL-10 que está inhibindo a síntese de citocinas. O mecanismo proposto é que a cmvIL-10 activa a PI3K, a cal á súa vez activa a PKB (Akt). A PKB pode despois activar a mTOR, o cal pode marcar a STAT3 para a súa fosforilación no residuo S727.[13]

Regulación á baixa do MHC

Outro dos moitos xeitos que teñen os herpesvirus para evadirse do control do sistema inmunitario é pola regulación á baixa do MHC I e MHC II. Isto obsérvase en case todos os herpesvirus humanos e pode producirse por diferentes mecanismos, a maioría dos cales causan que o complexo maior de histocompatibilidade (MHC) estea ausente na superficie celular. Como se discutiu anteriormente, un modo é por medio dun homólogo viral de quimiocina como pode ser un homólogo da IL-10. Outro mecanismo para regular á baixa os MHCs é codificar proteínas virais que reteñan as MHC acabadas de formar no retículo endoplasmático. O MHC non poden chegar á superficie celular e, por tanto, non pode activar a resposta da célula T. Os MHCs poden tamén ser marcados para a destrución no proteasoma ou no lisosoma. a proteína do retículo endoplasmático denominada TAP tamén xoga un papel na regulación á baixa do MHC. As proteínas virais inhiben que a TAP impida que o MHC capte un antíxeno péptido viral. Isto impide o correcto pregamento do MHC, polo que este non pode acadar a superficie celular.[14]

Tipos de herpesvirus humanos

Hai oito virus desta familia que poden causar doenzas nos humanos, que son os da táboa.[15][16][17]

Máis información Nome, Sinónimo ...
Clasificación dos herpesvirus humanos[1][16]
NomeSinónimoSubfamiliaCélula diana primariaFisiopatoloxíaSitio de leatenciaMedio de transmisión
HHV1Virus herpes simplex-1 (Herpes simplex virus-1, HSV-1)α (Alfa)Mucoepitelialherpes oral e/ou herpes xenital (predominantemente orofacial), e outras infeccións de herpes simplexNeuronaContacto estreito (enfermidade de transmisión sexual ou oral)
HHV-2Virus herpes simplex-2 (Herpes simplex virus-2, HSV-2)αMucoepitelialherpes oral e/ou xenital (predominantemente xenital), e outros tipos de infeccións por herpes simplexNeuronaContacto estreito (enfermidade de transmisión sexual ou oral)
HHV-3Virus da varicela-zóster (Varicella zoster virus) (VZV)αMucoepitelialVaricela e herpes zósterNeuronaContacto estreito e respiratorio (incluíndo enfermidade de transmisión sexual)
HHV-4Virus de Epstein-Barr (Epstein-Barr virus, EBV), linfocriptovirusγ (Gamma)Células B e células epiteliaisMononucleose infecciosa, linfoma de Burkitt, linfoma do SNC en pacientes de SIDA,
síndrome linfoproliferativa postransplante (PTLD), carcinoma nasofarínxeo, leucoplaquia pilosa asociada ao VIH
célula BContacto estreito, transfusións, transplante de tecidos, e conxénito
HHV-5Cytomegalovirus (CMV)β (Beta)Monocito, linfocito, e células epiteliaisSíndrome similar á mononucleose infecciosa,[18] retiniteMonocito, linfocitoSaliva, urina, leite humano
Herpesvirus humano 6 (Human herpesvirus 6, HHV-6A e 6B)Virus da roséola (Roseolovirus), virus linfotrópico herpesβCélulas TRoséola ou exantema súbitoCélulas TRespiratorio e contacto estreito
Herpesvirus humano 7 (Human herpesvirus 7, HHV-7]βCélulas TRoséola ou exantema súbitoCélulas T ?
HHV-8Herpesvirus asociado ao sarcoma de Kaposi
(KSHV), un tipo de Rhadinovirus
γLinfocitos e outras célulasSarcoma de Kaposi, linfoma de efusión primaria, algúns tipos de enfermidade de Castleman multicéntricaCélula BContacto estreito (sexual), e probablemente saliva
Pechar

Herpesvirus que poden causar zoonoses

Ademais dos herpesvirus considerados endémicos en humanos, algúns virus asociados principalmente con outros animais poden infectar tamén a humanos. Estes orixinan infeccións zoonóticas, e son:

Máis información Especie, Tipo ...
Herpesvirus zoonóticos
EspecieTipoSinónimoSubfamiliaFisiopatoloxía humana
MacacoCeHV-1Herpesvirus cercopitecino 1 (Cercopithecine herpesvirus-1 ou virus B de mono)αMoi infrecuente; só se informaron duns 25 casos en seres humanos.[19] Se a infección non é tratada xeralmente é mortal; dezaseis deses casos orixinaron unha encefalomielite mortal. Polo menos catro casos tiveron como resultado a supervivencia pero con graves secuelas neurolóxicas.[19][20] Para os traballadores de laboratorio que poden estar expostos ao virus é importante o coñecemento dos síntomas e o tratamento temperán.[21]
RatoMuHV4Gamaherpesvirus-60 murino (Murine gammaherpesvirus-68 ou MHV-68)γInfección zoonótica que se encontra no 4,5% da poboación xeral e é máis común en traballadores de laboratorio que manipulan ratos infectados.[22] Non obstante, as probas de ELISA indicaron unha alta incidencia de resultados de falso positivo, debido a reaccións cruzadas con anticorpos para outros herpesvirus.[22]
Pechar

Herpesvirus animais

En viroloxía animal os herpesvirus máis importantes que afectan a animais non humanos pertencen á subfamilia Alphaherpesvirinae. A investigación sobre o virus da pseudorabia (PrV), que é o axente causante da enfermidade de Aujeszky en porcos, foi pioneira no control de infeccións en animais usando vacinas modificadas xeneticamente. O PrV é agora estudado exhaustivamente como modelo de procesos básicos durante a infección por herpesvirus líticos, e para comprender os mecanismos moleculares do neurotropismo de herpesvirus. O herpesvirus bovino 1, o axente causante da rinotraqueíte infecciosa bovina e da vulvovaxinite pustular, é analizado para dilucidar os mecanismos moleculares da latencia. O virus da laringotraqueíte infecciosa aviar está afastado filoxeneticamente destes dous virus e serve para subliñar a semellanza e a diversidade nos Alphaherpesvirinae.[2][3] Na seguinte lista indícanse entre parénteses os nomes en inglés dados polo ICTV:

  • Subfamilia Alphaherpesvirinae
    • Xénero Simplexvirus
      • Herpesvirus bovino 2 (Bovine herpesvirus 2), causa en bovinos a mamilite e doenzas da pel.
      • Herpesvirus cercopitecino 1 (Cercopithecine herpesvirus 1), tamén coñecido como virus herpes B, causa unha doenza similar ao Herpes simplex nos macacos, que xeralmente é mortal se é sintomático e non é tratado en humanos.
      • Herpesvirus atelino 1 (Ateline herpesvirus 1), herpesvirus do mono araña.
    • Xénero Varicellovirus
      • Herpesvirus bovino 1 (Bovine herpesvirus 1); causa a rinotraqueíte infecciosa bovina, vaxinite, balanopostite, e abortos en vacas.
      • Herpesvirus bovino 5 (Bovine herpesvirus 5); causa encefalite en gando vacún.
      • Herpesvirus caprino 1 (Caprine herpesvirus 1); causa conxuntivite e enfermidade respiratoria en cabras.
      • Herpesvirus suido 1 (Suid herpesvirus 1); causa pseudorrabia.
      • Herpesvirus equino 1 (Equine herpesvirus 1); causa enfermidade respiratoria, enfermidade/parálise neurolóxica, e aborto espontáneo en cabalos.
      • Herpesvirus equino 3 (Equine herpesvirus 3); causa o exantema coital en cabalos.
      • Herpesvirus equino 4 (Equine herpesvirus 4); causa a rinopneumonite en cabalos.
      • Herpesvirus canino 1 (Canine herpesvirus 1); causa unha grave doenza hemorráxica en cachorros de can.
      • Feline herpesvirus 1; causa rinotraqueíte viral felina e queratite en gatos.
      • Herpesvirus do pato 1 (Duck herpesvirus 1); causa a peste do pato.
    • Xénero Mardivirus
      • Herpesvirus gálido 2 (Gallid herpesvirus 2); causa a enfermidade de Marek.
      • Herpesvirus gálido 3 (Gallid herpesvirus 3) (GaHV-3 ou MDV-2)
      • Herpesvirus do pavo (Herpesvirus of turkeys) (HVT)
    • Xénero Iltovirus
      • Herpesvirus gálido 1 (Gallid herpesvirus 1); causa a laringotraqueíte infecciosa en aves.
  • Subfamilia Betaherpesvirinae
    • Herpesvirus porcino 2 (Porcine herpesvirus 2); causa a rinite de corpos de inclusión en suínos.
  • Subfamilia Gammaherpesvirinae
    • Xénero Rhadinovirus
      • Herpesvirus alcelafino 1 (Alcelaphine herpesvirus 1); causa a febre catarral maligna bovina.
      • Herpesvirus alcelafino 2 (Alcelaphine herpesvirus 2); causa unha versión en antílopes e ñus da febre catarral maligna (MCF).
      • Herpesvirus bovino 4 (Bovine herpesvirus 4)
      • Herpesvirus equino 2 (Equine herpesvirus 2); causa a infección por citomegalovirus equino.
      • Herpesvirus equino 5 (Equine herpesvirus 5)[23]
      • Radinovirus do macaco xaponés (Japanese macaque rhadinovirus).[24]
      • Herpesvirus múrido 4 (Murid herpesvirus 4). Tamén chamado gamaherpesvirus-68 murino (Murine gammaherpesvirus-68, ou MHV-68).

Familia Herpesviridae

Os seguintes xéneros están incluídos na familia Herpesviridae (indícase entre paréntese o nome en inglés dado polo ICTV):

  • Subfamilia Alphaherpesvirinae
    • Xénero Iltovirus; especie tipo: Herpesvirus gálido 1 (Gallid herpesvirus 1)
      • Especies: Herpesvirus gálido 1 (Gallid herpesvirus 1), Herpesvirus psittácido 1 (Psittacid herpesvirus 1)
    • Xénero Mardivirus; especie tipo: Herpesvirus gálido 2 (Gallid herpesvirus 2)
      • Especies: Herpesvirus colúmbido 1 (Columbid herpesvirus 1), Herpesvirus gálido 2 (Gallid herpesvirus 2), Herpesvirus gálido 3 (Gallid herpesvirus 3), Herpesvirus meleágrido 1 (Meleagrid herpesvirus 1)
    • Xénero Simplexvirus; especie tipo: Herpesvirus humano 1 (Human herpesvirus 1)
      • Especies: Herpesvirus atelino 1 (Ateline herpesvirus 1), Herpesvirus bovino 2 (Bovine herpesvirus 2), Herpesvirus cercopitecino 2 (Cercopithecine herpesvirus 2), Herpesvirus de chimpancé (Chimpanzee herpesvirus), Herpesvirus humano 1 (Human herpesvirus 1), Herpesvirus humano 2 (Human herpesvirus 2), Herpesvirus lepórido 4 (Leporid herpesvirus 4), Herpesvirus macacino 1 (Macacine herpesvirus 1), Herpesvirus macropódido 1 (Macropodid herpesvirus 1), Herpesvirus macropódido 2 (Macropodid herpesvirus 2), Herpesvirus papiíno (Papiine herpesvirus 2), Herpesvirus saimiriíno 1 (Saimiriine herpesvirus 1)
    • Xénero Non asignados
      • Especies: Herpesvirus quelónido 5 (Chelonid herpesvirus 5), Herpesvirus quelónido 6 (Chelonid herpesvirus 6)
    • Xénero Varicellovirus; especie tipo: Herpesvirus humano 3 (Human herpesvirus 3)
      • Especies: Herpesvirus bovino 1 (Bovine herpesvirus 1), Herpesvirus bovino 5 (Bovine herpesvirus 5), Herpesvirus bubalino 1 (Bubaline herpesvirus 1), Herpesvirus cánido 1 (Canid herpesvirus 1), Herpesvirus caprino 1 (Caprine herpesvirus 1), Herpesvirus cercopitecino 9 (Cercopithecine herpesvirus 9), Herpesvirus cérvido 1 (Cervid herpesvirus 1), Herpesvirus cérvido 2 (Cervid herpesvirus 2), Herpesvirus équido 1 (Equid herpesvirus 1), Herpesvirus équido 3 (Equid herpesvirus 3), Herpesvirus équido 4 (Equid herpesvirus 4), Herpesvirus équido 8 (Equid herpesvirus 8), Herpesvirus équido 9 (Equid herpesvirus 9), Herpesvirus equino 9 (Equine herpesvirus 9), Herpesvirus félido 1 (Felid herpesvirus 1), Herpesvirus humano 3 (Human herpesvirus 3), Herpesvirus fócido 1 (Phocid herpesvirus 1), Herpesvirus suido (Suid herpesvirus)
  • Subfamilia Betaherpesvirinae
    • Xénero Cytomegalovirus; especie tipo: Herpesvirus humano 5 (Human herpesvirus 5)
      • Especies: Herpesvirus cercopitecino 5 (Cercopithecine herpesvirus 5), Herpesvirus humano 5 (Human herpesvirus 5), Herpesvirus macacino 3 (Macacine herpesvirus 3), Herpesvirus panino 2 (Panine herpesvirus 2)
    • Xénero Muromegalovirus; especie tipo: Herpesvirus múrido 1 (Murid herpesvirus 1)
      • Especies: Herpesvirus múrido 1 (Murid herpesvirus 1), Herpesvirus múrido 2 (Murid herpesvirus 2)
    • Xénero Proboscivirus; especie tipo: Herpesvirus elefántido 1 (Elephantid herpesvirus 1)
    • Xénero Roseolovirus; especie tipo: Herpesvirus humano 6 (Human herpesvirus 6)
      • Especies: Herpesvirus humano 6 (Human herpesvirus 6), Herpesvirus humano 7 (Human herpesvirus 7)
    • Xénero Non asignado
      • Especies: Herpesvirus cavíido 2 (Caviid herpesvirus 2), Herpesvirus suido 2 (Suid herpesvirus 2), Herpesvirus tupaíido 1 (Tupaiid herpesvirus 1)
  • Subfamilia Gammaherpesvirinae
    • Xénero Lymphocryptovirus; especie tipo: Herpesvirus humano 4 (Human herpesvirus 4)
      • Especies: Herpesvirus calitricino 3 (Callitrichine herpesvirus 3), Herpesvirus cercopitecino 14 (Cercopithecine herpesvirus 14), Herpesvirus gorilino 1 (Gorilline herpesvirus 1), Herpesvirus humano 4 (Human herpesvirus 4), Herpesvirus macacino 4 (Macacine herpesvirus 4), Herpesvirus panino 1 (Panine herpesvirus 1), Herpesvirus papiino 1 (Papiine herpesvirus 1), Herpesvirus ponxino 2 (Pongine herpesvirus 2)
    • Xénero Macavirus; especie tipo: Herpesvirus alcelafino 1 (Alcelaphine herpesvirus 1)
      • Especies: Herpesvirus alcelafino 1 (Alcelaphine herpesvirus 1), Herpesvirus alcelafino 2 (Alcelaphine herpesvirus 2), Herpesvirus bovino 6 (Bovine herpesvirus 6), Herpesvirus caprino 2 (Caprine herpesvirus 2), Herpesvirus hipotraguino 1 (Hippotragine herpesvirus 1), Herpesvirus ovino 2 (Ovine herpesvirus 2), Herpesvirus suido 3 (Suid herpesvirus 3), Herpesvirus suido 4 (Suid herpesvirus 4), Herpesvirus suido 5 (Suid herpesvirus 5)
    • Xénero Percavirus; especie tipo: Herpesvirus équido 2 (Equid herpesvirus 2)
      • Especies: Herpesvirus équido 2 (Equid herpesvirus 2), Herpesvirus équido 5 (Equid herpesvirus 5), Herpesvirus mustélido 1 (Mustelid herpesvirus 1)
    • Xéneros Rhadinovirus; especie tipo: Herpesvirus saimiriino 2 (Saimiriine herpesvirus 2)
      • Especies: Herpesvirus atelino 2 (Ateline herpesvirus 2), Herpesvirus atelino 3 (Ateline herpesvirus 3), Herpesvirus bovino 4 (Bovine herpesvirus 4), Herpesvirus humano 8 (Human herpesvirus 8), Herpesvirus macacino 5 (Macacine herpesvirus 5), Herpesvirus múrido 4 (Murid herpesvirus 4), Herpesvirus saimiriino 2 (Saimiriine herpesvirus 2)
    • Xénero Non asignado
      • Especies: Herpesvirus équido 7 (Equid herpesvirus 7), Herpesvirus fócido 2 (Phocid herpesvirus 2), Herpesvirus sanguinino 1 (Saguinine herpesvirus 1)
  • Subfamilia Non asignada
    • Xénero Non asignado
      • Especies: Virus da enterite do pato (Duck enteritis virus)
      • Especies: Herpesvirus iguánido 2 (Iguanid herpesvirus 2)

Investigación

Están en marcha investigacións sobre diversos efectos laterais e co-condicións relacionadas cos herpesviruses, que inclúen as seguintes doenzas:

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.