From Wikipedia, the free encyclopedia
O herpes zóster é unha doenza cutánea producida polo virus da varicela. Prodúcese coma reactivación do virus que permanecía latente nos ganglios radiculares do organismo.[1] A afectación, así pois, é en forma de neuropatía gangliorradicular. Segue unha distribución metamérica, e pode afectar a calquera raíz nerviosa do organismo, sendo máis frecuentes as raíces torácicas ou os nervios da cara (trixémino e as súas ramas: nervio oftálmico, nervio mandibular e nervio maxilar).
A erupción cutánea que produce adoita ser precedida de molestias, proído ou formigueo. Ditas lesións raramente duran máis de catro semanas, e resólvense soas.
Algunhas persoas desenvolven unha condición denominada neuralxia postherpética, caracterizada por unha dor intensa de tipo neuropática que pode perdurar días, meses ou até anos despois de se resolver o herpes.
En persoas inmunodeprimidas, o herpes zóster pódese espallar polo resto do organismo. Se afecta ao ollo pódese producir unha perda de visión.
O tratamento consiste en antivirais coma o Aciclovir, pensados para deter a progresión do herpes; e medicación sintomática, principalmente analxésicos para combater a dor.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.