xénero de monos From Wikipedia, the free encyclopedia
Os monos araña[1] son o nome común de calquera dos primates do xénero Ateles («sen dedo polgar») pertencente á familia Atelidae. O nome Ateles fai referencia á ausencia dun polgar opoñible nas especies do xénero; só conta con apéndice vestixial.[2] Habitan en bosques tropicais, dende México até o Brasil.[3]
Monos araña | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
Ateles paniscus
Ateles belzebuth
Ateles chamek
Ateles hybridus
Ateles marginatus
Ateles fusciceps
Ateles geoffroyi |
A variedade morfolóxica no referente á cor da pelame dificultou a clasificación das diferentes especies do xénero, facendo máis crible a clasificación baseada en ADN mitocondrial e nuclear.[4] A revisión de Kellogg e Goldman de 1944, recoñece 4 especies: Ateles belzebuth, Ateles fusciceps, Ateles geoffroyi e Ateles paniscus.[5] Outro punto de vista defendido entre outros por Hershkovitz, considera que Ateles inclúe a unha soa especie, Ateles paniscus con diversas subespecies. En 2005 Groves, baseado en estudos de ADN, inclúe 7 especies dentro do xénero, Ateles belzebuth, Ateles paniscus, Ateles chamek, Ateles marginatus, Ateles fusciceps, Ateles geoffroyi e Ateles hybridus.
Viven en América Central e do Sur, dende o sur de México até o río Tapajós na Amazonia brasileira. Son primordialmente arbóreos, cumpren a maior parte das súas actividades nas densas cubertas dos bosques e selvas chuviosos e tupidos onde habita.
Segundo a especie, o seu corpo mide de 65 a 90 cm de lonxitude, e a cola prénsil de 60 a 92 cm. Son de aparencia máis esvelta que os outros monos da familia Atelidae e pesan entre 7 e 10 kg. Teñen catro dedos e carecen de polgar. O corpo é alongado e os membros longos; a cor das diferentes especies varía de castaño claro a negro. As femias teñen como particular característica un clítoris alongado que supera en ocasións o tamaño do pene do macho.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.