enfermidade vírica humana From Wikipedia, the free encyclopedia
A varicela[1] é unha doenza infecciosa causada polo virus varicela-zóster, pertencente á familia dos herpesvíridos, que tamén causa o herpes zóster. Preséntase principalmente en nenos de entre un e nove anos de idade. A infección en adolescentes e adultos adoita ser máis severa e ten maior risco de complicacións como a enfermidade pulmonar intersticial. Tras un período longo de latencia (14 a 21 días), a enfermidade presenta un período prodrómico semellante a un cadro gripal con febre leve ou moderada; logo aparece un exantema macular auto limitado (ás veces con compromiso de mucosas ou enantema), que evoluciona axiña a pápulas, logo a vesículas e finalmente a costras que se desprenden logo dunha ou dúas semanas. Acompáñase de adenopatías cervicais. As lesións dérmicas poden producir cicatrices permanentes, deprimidas, hipo ou hiperpigmentadas.[2][3][4]
Varicela | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Doenza da varicela | |
DiseasesDB | 29118 |
MedlinePlus | 001592 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O virus só se transmite de persoa a persoa, xa por contacto directo coas lesións cutáneas ou ó expulsarse mediante tose ou esbirros. O período de incubación ata que aparece a enfermidade é de dúas a tres semanas.[5] É contaxiosa dende dous días antes da erupción. Tamén pode ser contraída a partir das lesións dunha persoa con herpes zóster.
Nos trópicos, a varicela é común entre a xente maior e pode ser unha doenza moi seria.[6] Nos adultos, as marcas son máis escuras e as cicatrices son máis prominentes que nos nenos.[7]
Quen contrae a enfermidade a partir doutro familiar, adoita presentar formas máis graves que os primeiros casos, pode ser por un contacto máis intenso e continuado co virus. A varicela é moi contaxiosa, de maneira que o 80–90% de quen convive con ela a contrae.
A varicela é unha infección viral causada por un herpesvirus do xénero Varicellovirus e a subfamilia Alphaherpesvirinae. A taxonomía denominouno virus herpes humano 3 (HHV-3) cuxo único reservorio coñecido é o home. O virus ten un ADN de dobre cadea (dsADN). Todos os virus desta familia rodean o seu ADN cunha cápside icosaédrica cunha área proteica triangular que o recobre. Na poboación adulta en Europa Central ó redor do 93 ou 96 % da poboación ten anticorpos sanguíneos detectables para a varicela.[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.