From Wikipedia, the free encyclopedia
Na fe cristiá, os estigmas (do latín stigma, e este á súa vez do grego στίγμα) son sinais ou marcas que aparecen de forma espontánea no corpo dalgunhas persoas, case sempre místicas extáticas. Isto probaría que se trata da relixión dun Deus verdadeiro, que crea e inflúe no universo e socorre á humanidade. O concepto puido xurdir debido a que na antigüidade os servidores eran marcados como sinal de propiedade.
Estas feridas son similares ás sufridas por Xesús de Nazaret durante a súa crucifixión segundo a iconografía cristiá tradicional, e van precedidas e acompañadas de tormentos físicos e morais.[1] Adoitan aparecer nas mans, os pés e o costado dereito, e ás veces na cabeza e nas costas, o que lembra a coroación de espiñas e os lategazos sufridos por Xesús de Nazaret.[2]
As diversas confesións cristiás diferencian as estigmatizacións de orixe sobrenatural (por don divino ou por intervención diabólica) das de orde natural, causadas polo suxeito que as porta (de xeito intencional ou por razóns de orixe psicosomática). Mediante procesos como a hipnose conseguíronse fenómenos similares á estigmatización. Porén, difiren na súa instantaneidade e no desexo da súa constatación á vista dos demais.[3][4]
A Igrexa católica, cando os considera auténticos e froito do don divino, afirma que son participación do sufrimento de Xesús.[1] Recoñece algo máis de trescentos casos de persoas estigmatizadas, visíbeis ou non, sanguentos ou non, permanentes ou non.[5] Os estigmas invisíbeis, segundo a Igrexa católica, poden producir tanta dor coma os visíbeis.
O tipo de feridas reflicte a súa correspondencia coa Paixón de Jesús a través dos seguintes sinais:[2]
Ao longo da historia documentáronse casos de persoas que, sen causa aparente, padeceron estigmas. Adoita considerarse a san Francisco de Asís como o primeiro estigmatizado. Porén, o primeiro caso na historia foi o da beata beguina María de Oignies, doce anos antes. Con todo, dito caso pasou practicamente inadvertido.[4]
As persoas católicas que recibiron estigmas e foron recoñecidas como santas ou iniciado o proceso de canonización son as seguintes:
Existen feitos referidos ás chamadas "estigmatizacións verdadeiras" para os cales non se atopou unha explicación científica até o momento:
O caso de san Francisco de Asís destaca pola cantidade de testemuñas, uns poucos en vida pero en maior número logo da súa morte, que corroboraron a súa veracidade.[6] En vida, o irmán León (a quen Francisco lle dedicou o seu texto Bendición a frei León), foi un dos que acompañaron a Francisco ao monte Alvernia en agosto de 1224. Alí, segundo os escritos de Boaventura de Bagnoregio e outros documentos da época, o «pobre de Asís» recibiu os «estigmas de Cristo» para logo escribir nun anaco de pergamiño as Laudes Dei altissimi («Loanzas ao Deus Altísimo»).[7][8] Frei León foi a única testemuña dos momentos previos á estigmatización de san Francisco.[9]
Ao final da vida de Francisco, cando o seu corpo era xa un refugallo humano, o santo confioulles o coidado da súa persoa a catro das súas persoas máis próximas, que lle merecían un amor singular. Unha delas foi o irmán León, a quen lle permitía tocar as chagas ao lle cambiar as vendas ensanguentadas, o cal era para Frei León un gozoso e á vez doloroso rito. Francisco, celoso de que ninguén se decatase dos seus estigmas (un privilexio de que se consideraba a si mesmo indigno), chegou a ter co irmán León esta delicadeza excepcional. Mesmo nunha ocasión colocou a súa man chagada sobre o corazón do frei.[9]
Morte Francisco foron numerosas as testemuñas que viron as chagas. Así relatou san Boaventura de Bagnoregio a verificación das chagas despois da súa morte:
Ao emigrar deste mundo, o benaventurado Francisco deixou impresas no seu cuerpo os sinais da paixón de Cristo. Víanse naqueles ditosos membros uns cravos da súa mesma carne, fabricados marabillosamente polo poder divino e tan connaturais a ella, que, se eran presionados por unha parte, no momento sobresaían pola outra, coma se fosen nervios duros e dunha soa peza.Apareceu tamén moi visíbel no seu corpo a chaga do costado, semellante á do costado ferido do Salvador. O aspecto dos cravos era negro, parecido ao ferro; mais a ferida do costado era avermellada e formaba, pola contracción da carne, unha especie de círculo, e presentábase á vista como unha rosa belísima. O resto do seu corpo, que antes, tanto pola doenza coma polo seu modo natural de ser, era de cor morena, brillaba agora cunha brancura extraordinaria. Os membros do seu corpo mostrábanse ao tacto tan brandos e flexíbeis, que parecía que volvesen ser tenros coma os da infancia.
Tan pronto como se tivo noticia do tránsito do benaventurado Pai e se divulgou a fama do milagre da estigmatización, o pobo en masa acudiu deseguido ao lugar para ver cos seus propios ollos aquel portento, que disipara todas as dúbidas das súas mentes e colmara de gozo os seus corazóns afectados pola dor. Moitos cidadáns de Asís foron admitidos para contemplar e bicar as sagradas chagas.
Un deles chamado Xerome, cabaleiro culto e prudente amais de famoso e célebre, ao dubidar destas sagradas chagas, incrédulo como o apóstolo Tomé, moveu con moito fervor e audacia os cravos e coas súas propias mans tocou as mans, os pés e o costado do santo en presenza dos irmáns e doutros cidadáns; e resultou que, conforme ía apalpando aqueles sinais auténticos das chagas de Cristo, amputaba do seu corazón e do corazón de todos a máis leve ferida de dúbida. Polo cal dende entón converteuse, entre outros, nunha testemuña cualificada desta verdade coñecida con tanta certeza, e confirmouna baixo xuramento pondo as mans sobre os libros sagrados.[10]San Boaventura, Lenda Maior de San Francisco 15,4
Tamén houbo casos de estigmatizacións falsas, coma a de Magdalena de la Cruz, abadesa do convento de santa Isabel de Córdoba, quen admitiu a súa propia fraude. Magdalena, natural de Aguilar de la Frontera (Córdoba) e muller de relixión con renome de santidade, fíxose soada en toda España despois de, polo visto, prognosticar a vitoria na Batalla de Pavia (1525) e o encarceramento de Francisco I de Francia. Sabela de Portugal, esposa de Carlos I de España, disque vestiu o seu primoxénito, o futuro Filipe II de España, co hábito da abadesa.
Magdalena da Cruz acabou por comparecer nun solemne auto de fe o 3 de maio de 1546 e confesou simular un elevado número de simulacros de éxtase e milagres. Os inquisidores de Córdoba, con todo, conmutáronlle a pena de morte na fogueira pola reclusión perpetua nun convento de Andújar (Xaén).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.