Rita de Cascia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rita de Cascia

Rita de Cascia, nada en Roccaporena (Perugia) en 1381 e finada en Cascia o 22 de maio de 1457, foi unha relixiosa italiana e unha das santas máis populares da Igrexa católica.[1] O seu nome é probablemente unha abreviación de Margherita. Os seus símbolos representativos son as rosas e os figos.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Rita de Cascia
Thumb
Biografía
Nacemento1381 (Gregoriano)
Roccaporena, Italia
Morte22 de maio de 1457 (75/76 anos)
Cascia, Italia
Lugar de sepulturabasílica de Santa Rita de Cascia
RelixiónIgrexa católica latina
Actividade
Ocupaciónmonxa cristiá, filósofa, monxa
Orde relixiosaMonxas da Orde de Santo Agostiño
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa22 de maio
Patrón deIncorrixibilidade, Ferida, doenza, Abuso de poder e nai

Pechar

Traxectoria

Rita naceu na aldea de Roccaporena, cinco quilómetros ó oeste da vila de Cascia (provincia de Perugia, rexión de Umbría). Naceu de pais maiores, e foi bautizada co nome de Margherita Lotti.

A pesar de que quería ser monxa, cando tiña 14 anos de idade os seus pais casárona cun home da vila, chamado Paolo Mancini.[2] Tiveron dous fillos xemelgos, Jacobo e Paolo. Un día Mancini foi emboscado e asasinado.

Unha vez viúva, Rita pediu a admisión ao mosteiro das agostiñas de Santa María Madalena, en Cascia (estabelecido en 1256). Pero non foi aceptada debido a que só se permitían virxes. Un ano máis tarde (1417) tamén morreron os seus dous fillos púberes. Sen obrigacións familiares, Rita foi aceptada no convento, recibiu os hábitos de monxa, e máis tarde realizou a súa profesión de fe. Tiña 36 anos. No convento, Rita entregouse a unha vida de oración e penitencia.

Morte

Thumb
Corpo incorrupto de Santa Rita situado na Basílica de Santa Rita en Cascia, Italia.

Rita morreu no convento agustiniano o 22 de maio de 1457 á idade de 76 anos. A xente agrupouse no lugar para amosar os últimos respectos ó seu cadáver, que emitía unha intensa fragrancia doce (coma se fose embalsamado). O seu corpo consérvase até o presente (aínda que moi deshidratado). Empezaron a correr rumores de que por intercesión da monxa, sucedían curacións milagrosas. Así a devoción cara a Rita estendeuse por toda Italia.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.