Hipnose
From Wikipedia, the free encyclopedia
A hipnose[1] é un estado da consciencia humana relacionada coa atención que reduce a percepción periférica e fai medrar a capacidade de responder á suxestión. O termo pode referirse tamén á arte, habilidade ou acto de inducir hipnose.[2]

As teorías que explican o que ocorre durante a hipnose clasifícanse en dous grupos: as teorías do estado alterado ven a hipnose como un estado alterado da mente ou transo, caracterizado por un nivel de conciencia diferente do estado ordinario.[3][4] Pola contra, as teorías do non estado ven a hipnose como unha forma rol social imaxinado.[5][6][7]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.