Sobrenatural
conxunto de fenómenos que excede os termos da natureza From Wikipedia, the free encyclopedia
conxunto de fenómenos que excede os termos da natureza From Wikipedia, the free encyclopedia
O sobrenatural (do latín: supernaturālle) é o termo utilizado para definir algo que se ten como "por encima", que excede ou está máis aló do que se entende como natural ou que se cre existe fóra das leis da natureza e o universo observable.[1] A ciencia limita as súas explicacións aos fenómenos non sobrenaturais, un proceso coñecido como naturalismo metodolóxico, e non considera as explicacións sobrenaturais, xa que non poden ser investigadas empiricamente.
Os temas sobrenaturais son a miúdo asociadas coa idea do paranormal e o oculto. Nas sociedades seculares, os milagre s adoitan ser percibidos como afirmacións sobrenaturais, do mesmo xeito que os feitizos e maldicións, a adiviñación, e o máis aló. Características dos fenómenos propostos como sobrenaturais son a anomalía, a singularidade, a falta de control e a non repetibilidade. Por tanto, as condicións en que tales fenómenos crese que se manifestan non poden ser reproducibles para exame científico[Cómpre referencia].
Como sobrenatural téndese a definir fenómenos que parecen ou se supoñen reais, pero que non se poden explicar cientificamente, pola súa propia natureza. Ao utilizar o termo sobrenatural, comunmente vai asociada á frase "fenómenos sobrenaturais". Os adherentes ás crenzas sobrenaturais sosteñen que estes feitos existen tanto como os feitos do mundo natural. Os opositores argumentan que hai explicacións naturais e científicas para o que a miúdo se percibe como sobrenatural.
Aínda que os chamados fenómenos paranormais adoitan ser considerados como unha subcategoría dos fenómenos sobrenaturais, para os adherentes ás devanditas crenzas, o sobrenatural non sería sinónimo do paranormal. Postulan que os chamados fenómenos paranormais non serían transcendentes á natureza, senón inmanentes a ela, agás que se saen da norma (por mor da súa rareza, ou como anomalía); e aínda que non fosen explicado en termos concretos da ciencia actual, se se lles puidese aplicar un estudo máis formal e puideran chegar a dar lugar a teorizacións dependentes dos criterios epistemolóxicos vixentes (ex: condicións en laboratorio; etc.) os chamados fenómenos sobrenaturais deixarían de formar parte do mito, do ocultismo e a súa teorización deixaría de pertencer ao ámbito do esoterismo.
Existen tres clasificacións de fenómenos sobrenaturais:[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.