capacidade de certas persoas de motivar e suscitar admiración From Wikipedia, the free encyclopedia
O carisma[1] (do grego χάρισμα khárisma e χαρίζεσθαι kharízesthai, ‘agradar, facer favores’) é a capacidade de certas persoas de motivar e suscitar a admiración dos seus seguidores grazas a unha suposta calidade de "magnetismo persoal".
En relixión,[1] particularmente en distintas confesións cristiás, denomínase carisma a un don ou talento, dado polo Espírito Santo a un crente para edificar espiritualmente a unha comunidade cristiá. Tamén se traduce a palabra grega kharisma como don gratuíto e relaciónase coa mesma raíz que kharis (graza).[2]
No Novo Testamento fálase de carisma pero non no sentido estrito que hoxe utiliza a Igrexa católica, en xeral designa aos dons de Deus e a Xesucristo, ao Espírito Santo e á divina graza. Segundo os teólogos católicos os carismas son concedidos para ser útiles á comunidade.
Segundo o teólogo Michael Schmaus, o carisma ha de ordenarse á realización da vida eclesiástica e é propio tanto de segrares como de clérigos. Sen o carisma, a Igrexa habería de enquistarse nunha actividade soamente burocrática. Pero o carisma non é un privilexio exclusivo nin dos segrares nin dos clérigos. Se un dos dous estados o pretendese para si só, iso constituiría un desprezo do Espírito Santo que obra na Igrexa enteira.[3]
Dentro do cristianismo recoñécense o Movemento carismático e a Renovación Carismática Católica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.