From Wikipedia, the free encyclopedia
O capelán[1] (Mallotus villosus) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos osmeriformes e familia dos osméridos, a única pertencente ao xénero Mallotus,[2][3] que vive nas costas dos océanos Atlántico norte e Glacial Ártico.
Capelán | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Mallotus villosus (Müller, 1776) | |||||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||||
|
O seu nome galego segue a súa denominación noutros idiomas próximos (castelán, capelán ou capelín; portugués, capelim; francés, capelan; italiano, capelano, inglés, capelin).
É un peixe pequeno que viven a uns 300 m de profundidade. As súas míllaras están consideradas como un produto de alto valor comercial, sobre todo no Xapón, onde se combina co wasabi e véndese como «caviar de wasabi». Aparece na moeda de 10 coroas de Islandia.
As principais características morfolóxicas do capelán son as seguintes:[4][5][6]
Malllotus villosus é un peixe mariño que tamén se pode encontrar en augas doces e salobres (é anádromo), que frecuenta augas frías (duns 32 °C). Nos océanos é peláxico, vivindo agrupado en cardumes a profundidades de entre os 0 e os 725 m, usualmente a 150–200 m.[6] Durante o día encóntrase xeralmente contra os 150 m de profundidade, e de noite na superficie do mar.[4]
A súa área de dispersión abarca desde os 79 °N e os 40 °N, e os 180 °O e os 180 °L. A súa distribución é circumpolar no Ártico. No Atlántico norte encóntrase desde o mar de Barents até a illa do Oso (nas Svalbard) polo norte, até as costas de Islandia e os mares Branco e de Noruega polo sur e, pasando polas costas do sur de Groenlandia, chega desde a baía de Hudson no Canadá, polo norte, até o golfo de Maine, nos Estados Unidos, polo sur. No Pacífico norte encóntrase desde o sur da península de Corea até o estreito de Juan de Fuca, que fai fronteira entre os Estados Unidos e o Canadá.[4][5][6]
Os adultos aliméntanse de peixes pequenos, copépodos, eufausiáceos (krill), anfípodos, vermes mariños e crustáceos planctónicos.[5][9][10]
Alcanzan a madurez sexual entre os 2 e os 5 anos de vida, cando acadan un tamaño de entre os 15 e os 19 cm (13,5 cm de media).[5][6]
Os individuos maduros desprázanse na primavera e no verán até as costas en grandes cardumes para a desova. Os machos adoitan chegaren ás áreas de reprodución antes do que as femias.[5][6]
As femias producen entre 6 000 e 12 000 óvulos adherentes, de entre 0,6 e 1,2 mm de diámetro, que depositan en sucos na area do fondo, ou entre algas ou rochas, a unha profundidade de entre os 2 e os 100 m.[4][5] No mar de Barents encontráronse até 400 millóns de ovos por quilómetro cadrado. A maio´ría dos adultols, especialmen te os mac hos, morren despois da desova,[4][5]
Os ovos eclosionan, en augas dunha temperatura din 4 °C, ao cabo duns 40 días, e as larvas miden uns 5 mm ao naceren. Os capelán alcanzan unha lonxevidade duns 7 anos.[5] A idade máxima rexistrada foi de 10 anos.[11]
O xénero Mallotus foi descito en 1829 polo naturalista francés Georges Cuvier,[2][3] na súa monumental obra Histoire naturelle des poissons, publicada en 22 volumes entre 1828 e 1848, rematada por Valenciennes, pois Cuvier faleceu en 1832.
En canto a especie xa fora descrita moito antes, en 1776, polo naturalista danés Otto Friedrich Müller, que a denominou Clupea villosa,[12] polo seu parecido coa sardiña ou o arenque e outros clupeidos. Posteriormente foi reclasificada nos xéneros Salmo e Osmerus, até que definitivamente foi situada como única especie do xénero Mallotus.
O nome do xénero, Mallotus, é un substantivo do latín científico tirado do grego antigo μαλλoτός mallotós, "laúdo", derivado de μαλλόσ mallós, "estriga (ou guedella) de la" e -oτος -otos, sufixo grego formador de adxectivos, en referencia ás excrecencias pilosas sobre as escamas da liña lateral dos machos.
En canto ao epíteto específico, villosus, é o nominativo masculino singular do adxectivo latino villosus, -a, -um, "viloso", "peludo", "cuberto de pelo", que fai referencia á mesma característrica das escamas da liña lateral dos machos.
O nome vulgar, capelán, deriva do nome vulgar francés capelan, que vén do francés antigo chapelain, vía o occitano capelan, derivado do latín eclesiástico capellānus, -i, "capelán", sacerdote a cargo dunha capelanía. As denominacións nas outras linguas modernas (citadas ao principio do artigo, e tamén a alemá, Kapelan), derivan da francesa.
A especie coñeceuse, ademais de polo nome actualmente válido, e polo que lle impuxo Müller, coñeuse tamén polos sinónimos:[12]
Algúns autores cosideran, dentro da especie, as dúas subespecies seguintes:[13]
O capelán é unha das especeis clave no ecosistema ártico, xa que constitúen un dos elementos principais da dieta de bacallaus, carboeiros,[14] baleas, focas e diversas aves mariñas.[4][5]
Así mesmo é obxecto de activa pesca en toda a súa área de dispersión. No mar de Barents captútrase con traíñas e artes de arrastre peláxico.[5]
As súas míllaras convertéronse nunha delicatesse en Noruega.[5] Pero quizais onde este produto alcanza o maior valor comercial é sobre todo no Xapón, onde se combina co wasabi e véndese como «caviar de wasabi».
Os machos empréganse sobre todo para a fabricación de fariña de peixe,[5][6] pero tamén son obxecto de consumo humano, comercializándose en fresco, conxelado ou en conserva. Consómese fresco, fritido, ou seco.[6]
Así mesmo utilízase como carnada para a pesca de bacallau con cana.[4]
As súas capturas anuais varían moito de ano en ano, pero durante uns anos foron de entre un e dous millóns de toneladas.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.