Península de Corea
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A península de Corea é unha península situada no leste de Asia, entre o Mar Amarelo e o Mar do Xapón. Limita ao norte coa China e Rusia, e polo sur co estreito de Corea que o separa do Xapón. Politicamente divídese en dous estados, a República de Corea e a República Democrática Popular de Corea.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
(ko) 한국 | |||||
Tipo | península | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Corea | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico, Mar da China Oriental e Mar Amarelo | ||||
Características | |||||
Punto máis alto | Monte Paektu (2.744 m ) | ||||
Superficie | 85.270 mi² | ||||
Segundo o Samguk Yusa (escrito no século XII d.C.), a primeira dinastía de Corea foi Hwuanin.
A segunda dinastía foi Gojoseon (entre os séculos XXIV e o II a.C.), foi creado por Tangun ou Dangun no sur de Manchuria e norte de Corea. Recentes estudos indican que o pobo de Go-Joseon pertencía á familia lingüística dos tungusos e estaba familiarizada co altaico.
Os estudosos, en xeral, cren que os primeiros reinos ou estados na península coreana empezaron a formarse durante a Idade de Bronce (1000 a.C.-300 a. C). Deles, o reino supostamente fundado por Dangun, coñecido xeralmente por Gojoseon ou Joseon Antigo, pronto xurdiu como o máis poderoso e consolidou o seu poder ao comezo do século II a.C.
Ante o poder emerxente de Joseon Antigo, China comezou a preocuparse máis e máis. O emperador chinés Han Wuti lanzou unha invasión no ano 100 a. C. Destruíu o reino ao seguinte ano e estableceu catro colonias militares para administrar a parte norte. Con todo, logo dun século, emerxeu un novo reino chamado Goguryeo ( 30 a.C.-668 d.C.) na parte norte da península Goguryeo.
Era unha nación de guerreiros guiados por reis agresivos e valentes como o rei Gwanggaeto (que reinou entre o 391 e o 410). Conquistou as tribos veciñas unha tras outra, e expandiu practicamente o seu reino en tódalas direccións. Finalmente expulsou os chineses da súa última colonia militar, Nangnang (El-lang en chinés) no 313. No seu apoxeo, o seu territorio estendíase ata o interior de Manchuria, e ao sur chegaba ata a metade sur da península coreana.
Un novo reino chamado Baekje (ano 10 a. C.-660) desenvolveuse ao sur do río Hanggang (parte do Seúl actual). Os de Baekje eran máis pacíficos que os feroces guerreiros de Goguryeo. Eles trasladáronse ao sur fuxindo da ameaza do seu rival norteño. No século I, Baekje estableceuse firme como un estado próspero e civilizado, facendo intenso comercio cos seus veciños de ultramar. En realidade, Baekje serviu como ponte importante para a transmisión da cultura continental ao Xapón: pasoulles o budismo, a escritura chinesa e os seus sistemas políticos e sociais. O doutor Wang In foi mestre do príncipe do Xapón.
Silla (ano 50 a. C.-668 d.C.), máis afastado a China, ao principio era o reino máis débil e menos desenvolvido dos tres. Foi o último en aceptar ideas e credos estranxeiros, e a súa sociedade estaba marcadamente dividida en clases sociais. Con todo, Silla medrou rápido grazas aos recursos do seu singular Corpo de Hwarang (flor de mocidade) e dos ensinos budistas.
A mediados do século ¥µ, Silla consolidou o seu poder e territorio, formou unha alianza militar cos T'ang da China para someter Goguryeo e Baekje. As forzas aliadas de Silla-T'ang tiveron éxito, e a península foi unificada por primeira vez no ano 668. Logo diso, os superviventes do reino Goguryeo expulsaron ás forzas T'ang de Manchuria e da parte norte da península, e estableceron alí o reino de Balhae no ano 698.
Aínda que politicamente estaban separados, os tres reinos de Goguryeo, Baekje e Silla estaban relacionados étnica e lingüisticamente. Cada un deles desenvolveu unha sofisticada estrutura política e adoptou a ética confuciana e a fe budista.
Durante dous séculos e medio, Silla gozou de paz e estabilidade. Liberado das preocupacións de loitas internas e de invasións externas, orixinou o rápido florecemento da arte, a relixión, o comercio, a educación e outras disciplinas. A capital de Silla, na actualidade Gyeongju, tiña unha poboación de máis dun millón e se gababa dos seus magníficos palacios reais e templos budistas.
O budismo floreceu baixo a protección da nobreza e a corte, e exerceu unha grande influencia nos asuntos do Estado, na arte e a moral. Algúns dos monumentos históricos máis importantes de Corea atribúense ao xenio creativo e fervor relixioso dos artistas daquela época. Entre eles podemos citar o templo de Bulguksa e a gruta de Seokguram, ambos nas proximidades de Gyeongju.
Silla alcanzou o apoxeo da súa prosperidade e poderío a mediados do século ¥•, despois entrou en lenta decadencia. Intensificáronse os conflitos entre os nobres; os líderes rebeldes reclamaban o dereito á sucesión dos reinos derrocados, Goguryeo e Baekje. No ano 935 o rei deixou as rendas do Estado en mans de Wang Geon (rei Taejo, o seu nome posterior), fundador da dinastía Goryeo.
Logo da caída de Goguryeo, Dae Jayeong, un ex xeneral de Goguryeo, formou un exército con xente de Goguryeo e de Malgal (unha tribo de Tungus), e emigrou ao territorio controlado pola China. Finalmente establecéronse preto de Jilin en Manchuria, alí Dae Joyeong fundou un estado que ao principio chamouse Chin, pero en 713 foi redenominado como Balhae (Bolhai, en chinés). Balhae pronto recuperou o territorio antigo de Goguryeo. A maioría da clase gobernante de Balhae era xente de Goguryeo. Balhae declarouse como sucesor de Goguryeo, e ás veces era chamado por Goryeoguk (Estado de Goryeo).
O sistema político de Balhae era semellante ao de Tang, e a súa capital Sanggyeong tiña por modelo a capital de Tang, Chan-an. A súa cultura distintiva tiña influencia de Tang e Goguryeo. Cando Balhae foi invadido por Khitan nos primeiros anos do século ¥¹, a súa clase dominante refuxiouse no novo estado de Goryeo.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.