Monte Paektu

estratovolcán na fronteira entre Corea do Norte e a China From Wikipedia, the free encyclopedia

Monte Paektumap

O monte Paektu (en coreano: 백두산; Paektu-san) é unha montaña volcánica localizada na fronteira entre Corea do Norte e a China. Con 2744 m, é a montaña máis alta das montañas Changbai, ó norte, e da cordilleira Baekdudaegan, ó sur. Tamén é a montaña máis alta da península de Corea e de Manchuria.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Monte Paektu
(zh-hans) 长白山
(ko) 백두산
(ko) 장백산
(mnc) ᡤᠣᠯᠮᡳᠨ ᡧᠠᠩᡤᡳᠶᠠᠨ ᠠᠯᡳᠨ
(zh-hant) 長白山
Imaxe
Tipomontaña
estratovolcán
territorio
montaña sagrada
Parte deFive Mountains of Korea (en)
Localización
ContinenteAsia
División administrativaSamjiyon, Corea do Norte (pt) , Fusong County, República Popular da China (en) , Antu County, República Popular da China (en) e Corea do Norte
 41°59′34″N 128°04′38″L
CordilleiraChangbai Mountains (en)
Características
Altitude2.744 m
Prominencia topográfica2.593 m
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data28 de febreiro de 2017
Identificador6190
Pechar

Etimoloxía

O nome en coreano quere dicir "montaña de testa branca". O nome en chinés, Changbai Shan (en chinés tradicional: 長白山; en chinés simplificado, 长白山) quere dicir "montaña perpetuamente branca" do mesmo xeito que o seu nome en manchú ᡤᠣᠯᠮᡳᠨ
ᡧᠠᠩᡤᡳᠶᠶᠠᠨ
ᠠᠯᡳᠨ
, Golmin Šanggiyan Alin, e nomes variantes.[1] Un lago de cráter, chamado Lago do Ceo, atópase dentro da caldeira volcánica do cumio da montaña.

Xeografía

Thumb
Relevo da rexión do monte Paektu

O monte Paeku é un estratovolcán cuxo cono está truncado por unha ampla caldeira de 5 km de anchura e 850 m de profundidade, parcialmente ocupada polas augas do lago do Ceo. A caldeira creouse arredor do ano 946, durante a chamada "erupción do milenio", cun IEV ou Índice de explosividad volcánica de 7, que expulsou de 100 a 120 km3 de piroclasto e puido afectar o clima da rexión.[2][3] A cinza volcánica desta erupción atopouse no sur da illa de Hokkaido, ó norte do Xapón. O lago ten unha circunferencia de 12 a 14 km, cunha profundidade media de 213 m e unha profundidade máxima de 384 m. Dende mediados de outubro a mediados de xuño, está cuberto normalmente de xeo.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.