From Wikipedia, the free encyclopedia
Otto Friedrich Müller (escrito ás veces o seu segundo nome como Friderich, Fridrich ou Frederik, e o seu apelido como Mueller), nado o 11 de marzo de 1730 e finado o 26 de decembro de 1784, foi un naturalista danés.
Nome orixinal | (da) Otto Frederik (Friedrich, Friderich, Fridrich) Müller |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de marzo de 1730 Copenhague, Dinamarca |
Morte | 26 de decembro de 1784 (54 anos) Copenhague, Dinamarca |
Residencia | Dinamarca |
Educación | Universidade de Copenhague Ribe Katedralskole (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Entomoloxía |
Ocupación | botánico, ornitólogo, carcinólogo, zoólogo, lepidopterólogo, labrego |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | O.F.Müll. |
Abreviatura do autor en zooloxía | O.F. Müller |
Familia | |
Irmáns | Christian Friedrich Müller |
Descrito pola fonte | Salmonsens Konversationsleksikon (en) Nordisk familjebok Obálky knih, |
Müller era fillo dun trompetista da corte de Copenhaguen. Cando tiña doce anos foi confiado ao seu tío, Niels Udsen, en Ribe, ao oeste de Dinamarca. Baixo a súa dirección estuda Historia e Música. Máis tarde retorna a Copenhaguen, onde estuda Teoloxía e Dereito na súa Universidade. Nos anos seguintes gañouse a vida como músico.
Pero pronto convértese en preceptor da viúva dun exprimeiro ministro, a condesa Shulin. Permaneceu ao seu servizo durante dezasete anos. Viviu coa familia en Østergade, no centro de Copenhaguen, en inverno e, no verán, no pequeno castelo de Frederiksdal, próximo ao lago Furesø, ao noroeste de Copenhaguen.
Foio nestes anos cando comezou a interesarse pola historia natural, pola que a condesa sentía un grande interese. As súas viaxes por Europa cos fillos dela, fixéronlle coñecer a varios científicos eminentes como Bernard de Jussieu (1699-1777) ou Michel Adanson (1727-1806).
Preparou, en 1763, unha primeira obra sobre os champiñóns, seguida en 1764 dunha fauna entomolóxica, Fauna insectorum Friedrichsdaliana e, en 1767, dunha flora, Flora Friedrichsdaliana, esta última ilustrada por el mesmo.
Tras a morte da condesa, Müller obtivo, en 1769, un posto de conselleiro na Chancellaría e, en 1771, o de arquiveiro da Cámara de Finanzas de Noruega.
Casou con A. C. Paludan, unha muller rica que lle permitiu que se puidera dedicar enteiramente ao estudo. Pasou o resto da súa vida estudando o ambiente natural de Själland en Zelandia (Países Baixos) e ao longo das costas do sur de Noruega, onde a súa esposa tiña unha residencia de verán.
En 1776 foi autor de Zoologiae Danicae Prodromus, primeiro estudo da fauna de Noruega e Dinamarca, clasificando máis de 3 000 especies locais.
Pioneiro como naturalista de campo, foi dos primeiros científicos en estudar os microorganismos, e en establecer unha clasificación de varios grupos de animais, incluíndo os Hydrachnidiae (grupo de ácaros), os Entomostraca (grupo de crustáceos) e os Infusoria (infusorios ou ciliados, un grupo de protistas), descoñecidos por Linneo.
Foi membro da Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina, da Real Academia das Ciencias de Suecia, da Academia de Ciencias de Francia, da Sociedade de Amigos da Ciencia Natural de Berlín, e doutras institucións científicas (como a Academia das Ciencias de Turín, a Academia Nacional de Ciencias de Italia ou a Academia de Ciencias de Baviera).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.