From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019 foi a 70ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Disputouse entre marzo e decembro, o campionato disputouse durante 21 Grandes Premios de Fórmula 1. Equipos e pilotos competiron polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores. En 2019 tamén estbaa programado que se dispute o Gran Premio nª 1.000 na China.[1][2]
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Liga inferior | Campeonato de Fórmula 2 da FIA de 2019 (pt) |
Número de participantes | 20 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 17 de marzo de 2019 – 1 de decembro de 2019 |
Número de edición | 70 (2019) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Lewis Hamilton |
Campionato do Mundo de Construtores | Mercedes |
Datos estatísticos | |
Carreires | 21 |
Outro | |
Páxina web oficial | formula1.com… |
Os seguintes equipos e pilotos participaran no Campionato Mundial de fórmula 1 de 2019:
Equipo | Foto | Construtor | Chasis | Motor | Pneu. | Nº | Pilotos | Roldas | Nº | Pilotos das prácticas libres | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alfa Romeo Racing | Alfa Romeo Racing Ferrari | C38 | Ferrari o64 | P | 7 | Kimi Räikkönen | Todas | — | |||
99 | Antonio Giovinazzi | Todas | |||||||||
Scuderia Ferrari Mission Winnow | Ferrari | SF90 | Ferrari 064 | P | 5 | Sebastian Vettel | Todas0 | — | |||
16 | Charles Leclerc | Todas | |||||||||
Rich Energy Haas F1 Team | Haas Ferrari | VF-19 | Ferrari 064 | P | 8 | Romain Grosjean | Todas | — | |||
20 | Kevin Magnussen | Todas | |||||||||
McLaren F1 Team | McLaren Renault | MCL34 | E Tech 19 | P | 4 | Lando Norris | Todas | — | |||
55 | Carlos Sainz | Todas | |||||||||
Mercedes AMG Petronas Motorsport | Mercedes | F1 W10 EQ Power | Mercedes M10 EQ Power | P | 44 | Lewis Hamilton | Todas | — | |||
77 | Valtteri Bottas | Todas | |||||||||
Sport Pesa Racing Point F1 Team | Racing Point F1 Team Mercedes | RP19 | Mercedes M10 EQ Power | P | 11 | Sergio Pérez | Todas | — | |||
18 | Lance Stroll | Todas | |||||||||
Aston Martin Red Bull Racing | Red Bull Racing Honda | RB15 | Honda RA619H | P | 10 | Pierre Gasly | 1-12 | — | |||
23 | Alexander Albon | 13-20 | |||||||||
33 | Max Verstappen | Todas | |||||||||
Renault F1 Team | Renault | R.S.19 | Renault E Tech 19 | P | 3 | Daniel Ricciardo | Todas | — | |||
27 | Nico Hülkenberg | Todas | |||||||||
Red Bull Toro Rosso Honda | Scuderia Toro Rosso Honda | STR14 | Honda RA619H | P | 10 | Pierre Gasly | 13-20 | 38 | Naoki Yamamoto | ||
23 | Alexander Albon | 1-12 | |||||||||
26 | Daniil Kvyat | Todas | |||||||||
ROKiT Williams Racing | Williams Mercedes | FW42 | Mercedes M10 EQ Power | P | 63 | George Russell | Todas | 40 | Nicholas Latifi | ||
88 | Robert Kubica | Todas | |||||||||
Fontes:[3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14] |
O campionato de 2019 vera varios cambios de pilotos.
Na preparación do Gran Premio de Bélxica, Red Bull Racing anunciou que Pierre Gasly sería degradado a Toro Rosso e Alexander Albon sería promovido no seu lugar.[28][29]
Os seguintes grandes premios están programados para disputarse en 2019:
Nunha tentativa de mellorar os adiantamentos, os equipos acordaron unha serie de cambios aerodinámicos que afectan o perfil das ás dianteiras e traseiras. Espérase que as remodeladas placas laterais do aleron dianteiro alteren o fluxo de aire do coche e reduzcan os efectos da turbulencia aerodinámica. Se espera que a rañura do aleron traseiro se ensanche, facendo que o Drag Reduction System (DRS) sexa máis potente.[34] Os cambios acordados foron extraídos das conclusións dun grupo de traballo creado para investigar os posibles cambios nas normas técnicas en preparación para o campionato de 2021.
Partes dos regulamentos técnicos que rexen a carrozaría cambiarnase a fin de promover oportunidades de patrocinio para os equipos.[35] Os cambios acordados son o mandato de bareboards e limitan o desenvolvemento aerodinámico dos planos das ás traseiras para crear máis espazo para os logotipos dos patrocinadores. Os cambios introducíronse como resposta á caída dos ingresos dos equipos e a loita dos equipos máis pequenos para conseguir novos patrocinadores.
Os topes de combustible requiridos subiran de 105 kg a 110 kg para minimizar a necesidade de que os pilotos conserven combustible durante unha carreira.[36] [N 1] O peso do piloto xa non terase en conta para o peso mínimo do coche. Este cambio acordouse debido a que algúns pilotos víronse obrigados a perder peso en cantidades perigosas para compensar o peso adicional dos motores turbohíbridos logo de 2014.[36] Os pilotos deben pesar polo menos 80 kg, calquera piloto que non chegue a este mínimo levará un lastre para compensar a diferenza. Este lastre situarase ao redor do asento. Os cambios introducíronse para evitar que os pilotos máis pequenos tivesen vantaxe sobre os pilotos máis altos e pesados.[37]
A FIA introduciu un novo estándar no deseño dos cascos dos pilotos para mellorar a seguridade. Baixo o novo estándar, os cascos serán sometidos a un rango máis completo de probas de colisión destinados a mellorar a absorción e deflexión de enerxía, así como reducir a probabilidade de que algún obxecto penetre na estrutura do casco. Todos os fabricantes certificados de cascos deben pasar as probas antes do campionato de 2019 para renovar a súa certificación. Unha vez introducido na Fórmula Un, o novo estándar aplicarase gradualmente a todos os cascos utilizados polos competidores en cada evento aprobado pola FIA.[38]
O fornecedor de pneumáticos Pirelli planea renomear a súa gama de pneumáticos despois dunha solicitude da FIA e da xestión do deporte. O órgano de goberno argumentou que os convenios de nomenclatura usados en 2018 eran obtusos e difíciles de entender para os espectadores ocasionais.[39][40] Baixo o novo plan, desaparecerán os nomes dados a compostos particulares (hiperbrando, ultrabrando, superbrando, brando, medio e duro) para substituílos en cada carreira polos tres tipos de compostos dispoñibles para esa carreira como brando, medio e duro. Espérase que isto axude aos seareiros a entender os compostos de pneumáticos utilizados en cada carreira. Os compostos reais da tempada serán referidos por número aos equipos, sendo "1" o máis duro, o número total de compostos para a tempada quere reducirse a cinco, e o "5" sería o pneumático máis brando, aínda que existe a posibilidade de ter seis compostos, o número final determinarase despois das probas post-tempada (tecnicamente en 2018 estaban dispoñibles sete compostos, aínda que como se esperaba nunca se usou o pneumático "superduro"). Pirelli seguira decidindo sobre que tres dos compostos estarán dispoñibles para cada carreira. Do mesmo xeito, a práctica actual de usar distintas cores para referirse ao composto específico (como o rosa para o hiperbrando) cesará, usarase o branco, amarelo e vermello para os tres compostos dispoñibles para cada carreira.[41][42]
Identificador | Adherencia | Lonxevidade |
---|---|---|
C1 | A máis baixa | A máis alta |
C2 | Baixa | Alta |
C3 | Media | Media |
C4 | Alta | Baixa |
C5 | A máis alta | a máis baixa |
Compostos | AUS |
BHR |
CHN |
AZE |
ESP |
MON |
CAN |
FRA |
AUT |
GBR |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
SIN |
RUS |
XAP |
MEX |
EUA |
BRA |
UAE |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Duro | C2 | C1 | C2 | C2 | C1 | C3 | C3 | C2 | C2 | C1 | C2 | C2 | C1 | C2 | C3 | C2 | C1 | C2 | C2 | C1 | C3 |
Medio | C3 | C2 | C3 | C3 | C2 | C4 | C4 | C3 | C3 | C2 | C3 | C3 | C2 | C3 | C4 | C3 | C2 | C3 | C3 | C2 | C4 |
Brando | C4 | C3 | C4 | C4 | C3 | C5 | C5 | C4 | C4 | C3 | C4 | C4 | C3 | C4 | C5 | C4 | C3 | C4 | C4 | C3 | C5 |
Intermedios | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I |
Mollado | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W |
Puntuación: os puntos outórganse aos 10 finalistas clasificados.
Este Gran Premio marca a introdución dun novo sistema de puntos. Conservarase o sistema 25-18-15-12-10-8-6-4-2-1 utilizado desde o 2010, pero os pilotos que logren a volta rápida recibirán un punto de bonificación, o mesmo aplicarase ao construtor do piloto que logre a volta rápida. O punto só se outorgará se o piloto remata a carreira dentro dos 10 primeiros.[44]
Para obter puntos completos, o vencedor da carreira deberá completar polo menos o 75% da distancia programada. Os medios puntos adxudicaranse se o vencedor percorre menos do 75% da distancia da carreira sempre que se disputen polo menos dúas voltas. [N 3] No caso de empate na conclusión do campionato, utilízase un sistema de conteo regresivo como desempate, o mellor resultado do piloto usase para decidir a clasificación. [N 4]
|
Negra – Pole |
|
Negra – Pole |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.