Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol
diocese católica en España From Wikipedia, the free encyclopedia
diocese católica en España From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.
Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Escindido de | Arquidiocese católica latina de Oviedo diocese de Lugo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 265.415 (2019) (58,67 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua castelá lingua galega | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.524 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 19 de marzo de 1959 | ||||
Catedral | Catedral de Mondoñedo Concatedral de San Xiao de Ferrol | ||||
Páxina web | mondonedoferrol.org |
A diocese está situada na parte máis setentrional de Galicia. O seu territorio ten 4.425 km² e subdivídese en 424 parroquias agrupadas en 7 arciprestados, pertencentes a 27 concellos da provincia de Lugo e 13 da provincia da Coruña. A sé episcopal sitúase na cidade de Mondoñedo, onde está a catedral-basílica da Asunción. Na cidade de Ferrol encóntrase a segunda sé episcopal (Domus Ecclesiae), atopándose tamén a concatedral de San Xiao.
A diocese de Bretoña ou Britonia fundouse no século VII, ocupando parte do territorio da arquidiocese de Lugo, da que foi sufragánea ao principio. Tras a chamada Reconquista, no século IX, a sé foi restablecida e levada a San Martiño de Mondoñedo.
En 1071 pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Braga e o 27 de febreiro de 1120 convértese en sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No século XII a sé cambiou a Vilamaior e a finais do mesmo século pasou a Ribadeo, para volver, definitivamente de novo a Mondoñedo en 1219.
Os límites da diocese foron modificados co decreto da Sagrada Congregación Consistorial de 1954, executado en marzo do ano seguinte. Por unha banda, Mondoñedo perdeu tódolos exclaves, isto é, todo o arciprestado de Melide, incorporado ao bispado de Lugo, e as parroquias de Buría (ou Camariñas), Miño e Xornes, incorporadas ao de Santiago; por outra, gañou cinco parroquias procedentes do bispado de Oviedo mais que pertencían á provincia de Lugo (Vilaoudriz, Conforto, Bogo, Vilaboa e Vilarmide) e seis parroquias con cinco anexas procedentes da diocese lucense (Baamonde con San Martiño de Pacios, Carral con Uriz, O Castro con Bóveda, Santalla de Pena con Donalbai, San Vicente de Pena, e Virís con San Fiz de Cerdeiras).[1][2]
O 19 de marzo de 1959 toma o nome actual.
A finais de 2004 a diocese tiña 286.097 bautizados nunha poboación de 288.998 persoas, o que supón o 99 % do total.
ano | poboación | sacerdotes | diáconos | relixiosos | parroquias | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
bautizados | total | % | total | clero secular |
clero regular |
bautizados por sacerdote |
homes | mulleres | |||
1950 | 320.750 | 321.400 | 99,8 | 387 | 345 | 42 | 828 | 66 | 174 | 401 | |
1970 | 348.000 | 312 | 274 | 38 | 53 | 540 | 420 | ||||
1980 | 325.900 | 327.000 | 99,7 | 319 | 294 | 25 | 1.021 | 33 | 476 | 421 | |
1990 | 340.000 | 342.000 | 99,4 | 244 | 217 | 27 | 1.393 | 35 | 406 | 424 | |
1999 | 355.000 | 360.000 | 98,6 | 227 | 209 | 18 | 1.563 | 23 | 302 | 424 | |
2000 | 357.000 | 362.000 | 98,6 | 222 | 205 | 17 | 1.608 | 22 | 287 | 424 | |
2001 | 358.000 | 364.000 | 98,4 | 223 | 209 | 14 | 1.605 | 21 | 296 | 420 | |
2002 | 360.000 | 366.000 | 98,4 | 225 | 214 | 11 | 1.600 | 19 | 225 | 424 | |
2003 | 298.073 | 301.095 | 99,0 | 200 | 183 | 17 | 1.490 | 35 | 258 | 426 | |
2004 | 286.097 | 288.998 | 99,0 | 204 | 181 | 23 | 1.402 | 29 | 303 | 426 |
Ao longo da súa historia, estes foron os bispos que tivo a diocese nas súas diferentes sedes:
A diocese edita a revista anual Estudios Mindonienses. O último número editado é o 35, correspondente ao ano 2022.[7]