Bispo de Mondoñedo e Oviedo From Wikipedia, the free encyclopedia
Diego de Muros, nado en Muros e finado o 18 de agosto de 1525, foi un relixioso galego. É coñecido como Diego de Muros III para distinguilo de dous familiares seus do mesmo nome.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1450 Cee (Coroa de Castela) |
Morte | 18 de agosto de 1525 (74/75 anos) Oviedo (Coroa de Castela) |
Bispo de Oviedo | |
1 de outubro de 1512 – 18 de agosto de 1525 ← Valeriano Ordóñez de Villaquirán – Francisco Fernández de Córdoba y Mendoza → Diocese: Diocese of Oviedo (en) | |
Bispo de Mondoñedo | |
4 de abril de 1505 – 1 de outubro de 1512 ← Pedro de Munébrega – Diego Pérez Villamuriel (en) → Diocese: diocese de Modoñedo | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | Sacerdote católico de rito romano, bispo católico |
En 1483 ingresa no Colexio Maior Santa Cruz de Valladolid. Tras licenciarse en 1488 en Sagrada Teoloxía pasou a impartir esta disciplina na recentemente fundada Universidade de Sigüenza e a servir como secretario a Pedro González de Mendoza. Trala morte do cardeal Mendoza en 1495 renunciou ao seu posto na Universidade, marchando a residir a Santiago de Compostela, dado que en 1494 fora nomeado deán da catedral. Amais, administraba a imprenta de Valladolid, intervindo na fundación do Estudo Vello de Compostela, construíndo o Hospital dos Reis Católicos e escribindo diversos ensaios de corte humanista.
O 4 de abril de 1505 foi nomeado bispo de Mondoñedo, e o 1 de outubro de 1512 bispo de Oviedo, o que abriu o seu campo de acción política fronte o ascenso ao trono de Castela da Casa de Austria. En 1500 fóralle encomendada unha legación ante o rei de Navarra, e en 1514 estivo a piques de entrar a formar parte do Consello de Indias.
O 21 de setembro de 1521 funda en Salamanca o Colexio Maior do Salvador, máis tarde chamado Colexio Maior de Oviedo en honra da sede que ocupaba o fundador.
Predecesor: Pedro de Munébrega |
Diocese de Mondoñedo 1505-1512 |
Sucesor: Diego Pérez Villamuriel |
Predecesor: Valeriano Ordóñez Villaquirán |
Arquidiocese de Oviedo 1512-1525 |
Sucesor: Francisco Mendoza |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.