José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra[1], señor de Cebreiro, de Madiz e de Saa, nado na Coruña o 25 de abril de 1734 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1803, foi un xeógrafo, naturalista e humanista galego, membro sobranceiro do movemento ilustrado.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaJosé Cornide Saavedra
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra Editar o valor en Wikidata
25 de abril de 1734 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de febreiro de 1803 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalHumanidades
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , naturalista , xeógrafo , biólogo Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiDiego Cornide Saavedra Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 32893 BNE: XX844417
Pechar

Traxectoria

Thumb
A súa residencia, a Casa Cornide, enfronte da Colexiata, A Coruña

De orixe fidalga, estudou Humanidades na Universidade de Santiago de Compostela. Foi rexedor da cidade da Coruña, fundador da Sociedad Económica de Santiago, fundador da Academia de Agricultura del Reino de Galicia e primeiro secretario perpetuo da Real Academia da Historia (1802-1803), entre outros. Ao longo da súa vida realizou completos estudos sobre historia, xeografía e economía, fundamentalmente de Galiza.

Elaborou gran cantidade de mapas, entre os que destacan os da diocese de Ourense e da de Mondoñedo, así como o do reino de Galicia, que serviu de base para o de Tomás López de 1784.[2] Realizou numerosas crónicas de viaxes, como Viaje desde Coruña a la Corte, ademais de cultivar literatura, tanto en lingua española como en lingua galega, aínda que os seus poemas en galego son actualmente descoñecidos.

José Cornide Saavedra é un dos primeiros en denunciar a colonización económica e cultural de Galicia:
“No hay provincias en España que no tengan sus fábricas de algún género de paños; solo Galicia se ha contentado con las chapuceras fábricas de buriel tosquísimo (...). Los que ya hicieron callos en esta máxima diabólica (...) son los que más se han de oponer a todo cuanto de bueno y útil se propone en favor de Galicia, porque quieren que Galicia sea país de Indias”

Escribiu dous grandes textos sobre a fauna dos mares galegos e o seu aproveitamento a través da pesca. No seu Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia (1788, aínda que xa solicitara a súa impresión en 1774) describe unhas 70 especies de peixes e numerosas artes e redes de pesca. En 1774 publicara a Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia, que completará cun terceiro texto sobre o mesmo tema: Memoria sobre el estado de la pesca en la costa de Galicia, causas que detienen sus progresos y medios para removerlos para su fomento, para o que solicita autorización en 1789 pero esta non se concede ata 1796 e, ó final, nunca chega a publicarse; consérvase o manuscrito no arquivo da Real Academia da Historia [3].

Obras

  • Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato reino de Portugal (1764)[4].
  • Memoria sobre la pesca de la sardina en las costas de Galicia (1774).
  • Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo con un tratado de las diversas pescas y de las redes y aparejos con que se practican (1788).[5]
  • Las Casitérides, o Islas del Estaño, restituidas a los mares de Galicia. Disertación crítica en que se procura probar que estas islas no son las Sorlingas, como pretende en su Britania Guillermo Cambden, y sí las de la costa occidental del reino de Galicia.[6] (1790).[7]
  • Investigaciones sobre la fundación y fábrica de la llamada Torre de Hércules situada a la entrada del puerto de La Coruña.[8]
  • Estado de Portugal en el año 1800.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.