From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioquímica e nutrición, un ácido graxo monoinsaturado (MUFA polas súas siglas en inglés) é un tipo de ácido graxo caracterizado por ter un só enlace dobre na súa cadea hidrocarbonada (todos os demais enlaces entre os carbonos da cadea son simples). A graxa monoinsaturada contén abundantes ácidos graxos monoinsaturados. En contraste, os ácidos graxos poliinsaturados (PUFAs) tñen máis dun dobre enlace e os saturados ningún. O dobre enlace do ácido graxo monoinsaturado causa a formación dun ángulo na cadea hidrocarbonada e reduce o seu punto de fusión.
As graxas monoinsaturadas son triglicéridos que conteñen un ácido graxo insaturado, que case invariablemente é o ácido oleico (18:1 n−9). O ácido palmitoleico (16:1 n−7) e o ácido cis-vaccénico (18:1 n−7) poden aparecer tamén en pequenas cantidades.
fonte das graxas | saturado | monoinsaturado | biinsaturado | triinsaturado |
---|---|---|---|---|
Kernel de palma (da semente)[2] | 60–65 | 10–18 | 1–3 | trazas |
aceite de semente de algodón | 23–30 | 14–21 | 45–58 | trazas |
Aceite de millo | 10–15 | 25–35 | 40–60 | trazas |
Aceite de liñaza | 8–11 | 18–26 | 14–20 | 51–56 |
Aceite de soia | 11–17 | 18–25 | 49–57 | 6–11 |
Aceite de cacahuete | 12–17 | 35–42 | 39–44 | trazas |
Lardo (porco) | 36–48 | 36–52 | 10–12 | 1 |
Graxa de vaca | 43–64 | 26–45 | 2–6 | 1 |
Polo | 45–67 | 12–45 | 3–10 | trazas |
Nun estudo observouse que substituír na dieta a graxa saturada por graxas monoinsaturdas (máis propias da dieta mediterránea) está asociado cun incremento da actividade física (monitorizada usando acelerometría) e cun maior gasto de enerxía en repouso. Unha maior actividade física estaba máis asociada a unha dieta alta en ácido oleico que a unha alta en ácido palmítico. Nese estudo viuse que máis graxas monoinsaturadas orixinaban menos enfado e irritabilidade.[3]
Os niveis de ácido oleico xunto con outros ácidos graxos monoinsaturados en membranas de glóbulos vermellos están asociados positivamente co risco de cancro de mama. O índice de saturación (IS) das mesmas membranas estaban inversamente asociadas co risco de cancro de mama. As graxas monoinsaturadas e o baixo IS en membranas de glóbulos vermellos serven para predicir o cancro de mama postmenopáusico. Ambas as variables dependen da actividade do encima delta-9 desaturase (Δ9-d).[4]
En nenos o consumo de aceites monoinsaturados esta asociado con perfis máis sans de lípidos séricos.[5]
A dieta mediterránea incorpora moitas graxas monoinsaturadas. A finais do século XX a xente nos países mediterráneos consumía máis graxas totais do que nos países do norte de Europa, pero a maioría das graxas eran monoinsaturadas procedentes do aceite de oliva e ácidos graxos omega-3 procedentes de peixes, vexetais e certas carnes como o año, mentres que o consumo de graxas saturadas era moito menor. Unha revisión de 2017 atopou probas de que a práctica da dieta mediteránea podía causar un descenso de doenzas cardiovasculares, incidencia global de cancro, enfermidades neurodexenerativas, diabetes e morte temperá.[6] Unha revisión de 2018 mostrou que a práctica da dieta mediterránea podía mellorar o status de saúde global, como un risco reducido de enfermidades non comunicables. Tamén pode reducir o custo económico e social das doenzas relacionadas coas dietas.[7]
Aumentar a inxestión de ácidos graxos monoinsaturados e diminuír a de saturados pode mellorar a sensibilidade á insulina, pero só cando o consumo global de graxas na dieta é baixo.[8] Porén, algúns ácidos graxos monoinsaturadoss (igual que as graxas saturadas) poden promover a resistencia á insulina, mentres que os ácidos graxos poliinsaturados poden protexer contra a resistencia á insulina.[9][10]
Os ácidos graxos monoinsaturados atópanse en alimentos de orixe animal como na carne vermella, produtos de leite enteiro, e en alimentos vexetis como noces e froitos altos en graxas como as olivas e os aguacates. O aceite de algas ten un 92 % de graxas monoinsaturadas. O aceite de oliva ten un 75 % de graxas monoinsaturadas.[11] A variedade alto oleico do aceite de xirasol contén polo menos un 70 % de graxas monoinsaturadas.[12] O aceite de canola (colza) e os anacardios teñen ambos un 58 % de graxas monoinsaturadas.[Cómpre referencia] A graxa de vaca tenun 50 % de graxas monoinsaturadas.[13] e o lardo ten un 40 %.[Cómpre referencia] Outras fontes son: abelás, aceite de aguacate, aceite de noz de macadamia, aceite de semente de uvas, aceite de cacahuete, aceite de sésamo, aceite de millo, flocos de millo, cereais completos como trigo ou avea, aceite de améndoas, aceite de xirasol, aceite de cánavo e té-aceite de camelia.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.