Remove ads
patrimonio cultural intanxible From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécese como dieta mediterránea ao xeito de alimentarse baseado nunha idealización dalgúns padróns dietéticos dos países mediterráneos, especialmente: España, Portugal, Francia, Italia, Grecia e Malta.[1]
As características principais desta alimentación son un alto consumo de produtos vexetais (froitas, verduras, legumes, froitos secos), pan e outros cereais (co trigo como alimento base), o aceite de oliva como graxa principal, o vinagre e o consumo regular de viño en cantidades moderadas.
As primeiras referencias científicas a unha dieta mediterránea son do ano 1948, cando o epidemiólogo Leland G. Allbaugh estudou o xeito de vida dos habitantes da illa de Creta e, entre outros aspectos, comparou a súa alimentación coa de Grecia e os Estados Unidos.[2] Pola súa banda, o fisiólogo norteamericano Ancel Keys, que encabezou un estudo sobre as doenzas coronarias, o colesterol do sangue e o estilo de vida de sete países (Italia, Iugoslavia, Grecia, Países Baixos, Finlandia, os Estados Unidos e o Xapón) trala segunda guerra mundial, contribuíu á súa difusión. Keys e os seus colaboradores apreciaron que a incidencia das doenzas coronarias era menor nas zonas rurais do sur de Europa e no Xapón. Sospeitaron que había un factor protector no estilo de vida, que etiquetaron como "maneira mediterránea" (mediterranean way). Describiron este estilo de vida como "moi activo fisicamente (pola escasa mecanización do agro), frugal, e cunha inxestión predominante de produtos vexetais e reducida en produtos de orixe animal".[3] A posterior difusión dos seus resultados asimilou o concepto de "estilo mediterráneo" co de "dieta mediterránea".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.