actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xúlio Abonjo Escudero, nado en Pontevedra o 4 de xuño de 1974, é un actor galego.
Nome orixinal | (gl) Xúlio Abonjo Escudero |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de xuño de 1974 (50 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | actor |
|
Comezou actuando en 1994 con Bacharel Teatro, actuou co Centro Dramático Galego no ano 2000 e é membro da compañía Bacana Teatro. Tamén representou montaxes teatrais coas compañías BaCaNa (2002,2008), Os Contracontos (2001,2005), Espello Cóncavo (1998) e coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1997-1999).
Ten participado en diversas series que se emitiron na TVG (Galicia Express, Terra de Miranda ou A vida por diante, entre outras). En cine cabe salientar o seu traballo en películas coma O lapis do carpinteiro (2003), O ano da carracha (2004) ou A biblioteca da iguana (2006).
A partir de 2007 forma parte do elenco de Cuestión de sexo, serie emitida por Cuatro, supoñendo este o seu primeiro papel principal nunha serie de ámbito estatal.
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Premio do xurado ao mellor actor | Sen chumbo | Gañador |
2017 | Premio do xurado ao mellor actor (ex aequo Ricardo de Barreiro) | Einstein-Rosen | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Mellor actor | 4º sen ascensor | Nomeado |
2007 | Mellor actor secundario | Charly Gutbai | Nomeado |
2013 | Mellor actor | Encallados | Nomeado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.