O rodaballo (Psetta maxima ou Scophthalmus maximus (Linné, 1758) [1]) é un peixe mariño da familia dos pleuronectiformes que vive en augas pouco profundas e raramente por debaixo dos 150 m, repousando sobre fondos areosos ou de cunchas.
Rodaballo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Scophthalmus maximus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Scophthalmus maximus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Ríos Panisse recolle de Corominas a orixe do nome a partir dunha forma celta *ROTOBALLIOS, o do corpo redondo (de ROTA 'roda' + BALLOS 'membro').
Ós rodaballos pequenos denomínaselles en Cedeira rodos, nome que, segundo Ríos Panisse, sería unha forma regresiva de rodaballo.
Descrición
É plano, romboide case circular e a súa pel, sen escamas, presenta numerosos tubérculos cónicos na parte superior do corpo. Como tódolos peluronectiformes, ten un lado pigmentado ou superior (neste caso, o esquerdo) e outro non pigmentado, cego, que repousa no fondo. A súa cor, gris pardo veteado, cambia en función da cor do seu contorno (mimetismo). A aleta dorsal é continua e nace entre a boca e os ollos; a anal tamén é longa e continua. A liña lateral, pouco apreciable, cúrvase sobre a aleta pectoral. Alcanza tamaños medios de 50–70 cm, con máximos de ata 100 cm de lonxitude, e pesos de 13–15 kg, con máximos de ata 27 kg. É un depredador diúrno e de adulto aliméntase exclusivamente de peixes pequenos.
- Lado cego (inferior)
- Rodaballo mimetizado na area
Localización
Esta especie localízase en Noruega, Islandia, por todo o Mediterráneo, chegando ata Marrocos, e o Mar Negro. Tamén foi introducido con certo éxito nas costas de Nova Zelandia. Dende a década de 1980 prodúcese rodaballo de piscifactoría en Galicia.
Vida libre
A súa etapa reprodutiva comeza aos 4 ou 5 anos. A posta acostuma ser na primavera, aproximándose os peixes maduros á costa para desovar en fondos de 10–40 m. Unha femia pode chegar a poñer até 500.000 ovos por kg de peso.
As larvas son peláxicas (viven na columna de auga) e presentan unha morfoloxía estándar, cos dous ollos a ámbolos lados do corpo. Nos primeiros trinta días sofre a metamorfose: migración do ollo dereito e da boca cara ao lado esquerdo (ou superior), compresión do corpo e reabsorción da vexiga natatoria, e adoptan un comportamento bentónico (adaptado á vida no fondo do mar).
Aproveitamento pesqueiro
En Galicia as capturas de rodaballo oscilaron nos últimos anos entre as 45 e as 70 toneladas anuais, cunhas cifras en 2012 de 69.988,78 kg e un importe en lonxa de 1.034.023 euros, segundo datos de Pescadegalicia.com.
Cría en piscifactoría
O seu engorde faise en instalacións en terra firme, preto da costa, aínda que recentemente estase a levar a cabo o seu cultivo en gaiolas no mar. Os rodaballos alcanzan un tamaño comercial de 2 kg nuns 32 meses, aínda que se comercializan con pesos comprendidos entre os 500 g e os 4 kg.
Galicia produce unhas 5.700 toneladas anuais de rodaballo de piscifactoría, o que representa o 81,2% da produción europea e o 92% da produción española. Así mesmo, as instalacións de cría de xuvenís en Galicia (hatcheries) producen o 99,3% da produción estatal (datos referidos ó ano 2006).[3].
Nas seguintes imaxes pódense ver rodaballos de diferentes idades nas piscinas dunha piscifactoría.
- Piscifactoría de rodaballo en Lira, Carnota
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.