A dos escoftálimidos (Scophthalmidae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos pleuronectiformes que comprende peixes planos cos ollos situados no lado esquerdo do corpo, co superior por riba ou por detrás do inferior (a diferenza dos citáridos, nos que o ollo superior está sempre lixeiramente máis avanzado), e con liña lateral presente a ambos os lados (a diferenza dos bótidos, que a teñen só no lado onde están os ollos).[2]
Escoftámidos Scophthalmidae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Curuxo (Scophthalmus rhombus) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
|
A familia comprende na actualidade 9 especies reunidas en 5 xéneros (ou 4, segundo os autores, xa que moitos inclúen Phrynorhombus en Zeugopterus), todos eles presentes no Atlántico norte, incluíndo os mares Báltico, Mediterráneo e Negro.[2]
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno, durante o terciario superior.[3]
Etimoloxía
O seu nome procede do grego σϰοπεîν skopeîn vixiar, e οϕθαλμός ophthalmós ollo, aludindo ao seu costume de enterrarse na area asomando só os ollos axexando ás súas presas.
Características
Teñen o corpo aplanado e asimétrico, como todos os da súa orde, a boca moi grande, coa mandíbula prominente, e as aletas pelvianas ben desenvolvidas.[2]
As femias adultas son maiores que os machos (o máximo alcánzao o rodaballo, que pode medir até 1 m).[2]
Xéneros e especies
Como quedou dito, existen 9 especies, agrupadas en 5 xéneros:
- Xénero Lepidorhombus (Günther, 1862)
- Lepidorhombus boscii (Risso, 1810) - rapante pintado ou meiga, segundo a zona de Galicia. Segundo Lahuerta e Vázquez, rapante de catro manchas.[4]
- Lepidorhombus whiffiagonis (Walbaum, 1792) - moi semellente á anterior, e coñecida en Galicia cos mesmos nomes vulgares. Segundo Lahuerta e Vázquez, rapante.[4]
- Xénero Phrynorhombus (Günther 1862)
- Phrynorhombus norvegicus (Günther, 1862) = Zeugopterus norvegicus (Günther, 1862) Segundo Lahuerta e Vázquez, meiga de Noruega.[4]
- Xénero Scophthalmus (Rafinesque, 1810)
- Scophthalmus aquosus (Mitchill, 1815) - rodaballo areeiro. Segundo Lahuerta e Vázquez curuxo americano.[4]
- Scophthalmus maeoticus (Pallas, 1814) - Segundo Lahuerta e Vázquez, rodaballo do mar Negro.[4]
- Scophthalmus maximus (Linnaeus, 1758) - rodaballo común ou rodaballo propiamente dito.
- Scophthalmus rhombus (Linnaeus, 1758) - curuxo
- Xénero Zeugopterus (Gottsche, 1835)
- Zeugopterus punctatus (Bloch, 1787) - tapa. Segundo Lahuerta e Vázaquez, meiga punteada.[4]
- Zeugopterus regius (Bonnaterre, 1788)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.