Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Certas especies vexetais teñen un comportamento invasor nas localidades de introdución, sendo máis susceptíbeis os hábitats alterados ou degradados, como por exemplo en terreos despois dos lumes. O principal problema a nivel ecolóxico é a perda de diversidade autóctona. Os casos máis soados en Galicia son o do eucalipto na costa e o da mimosa no sur do país, especialmente na Comarca do Ribeiro en Ourense.[Cómpre referencia]
O control e erradicación é custoso e non sempre posible. Identificar os invasores potenciais e evitar o seu establecemento é o mellor camiño para frear un problema que incrementa ao mesmo ritmo que a globalización. Considéranse medios mecánicos, biolóxicos e químicos.
A introdución das especies é polo xeral recente. Algunhas árbores coma o castiñeiro pénsase que foron introducidas polos romanos hai uns 2000 anos, porén non pode considerarse daniña nin invasora, malia terse naturalizado. O mesmo ocorre co piñeiro bravo, quizais introducido dende Portugal no século XVIII. A verdadeira flora invasora introdúcese a partir de finais do século XIX e especialmente coas reforestacións masivas efectuadas durante o franquismo. Deste xeito entraron en Galicia, eucaliptos, robinias e acacias. A mimosa plantouse para fixar os noiros do camiño de ferro. Recentemente estanse a espallar outras especies como a árbore do ceo (plantada como ornamental), a carriza da Pampa (plantada como ornamental nas autoestradas galegas) ou a herba do coitelo ou uña de gato (plantada nas praias).[Cómpre referencia]
A seguir dáse unha relación das especies foráneas introducidas polo home e distribuídas en Galicia:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.