Pittosporum tobira

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Pittosporum tobira

Pittosporum tobira é unha especie da familia Pittosporaceae, orixinaria do leste de Asia.

Flores.
Froito inmaturo artificialmente aberto, coas súas sementes pegañentas.
Froito inmaturo, corte axial.
Froitos secos.

Máis información Clasificación científica ...
Pittosporum tobira

Pittosporum tobira no Parque do Oeste, Madrid
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Apiales
Familia: Pittosporaceae
Tribo: Pittosporeae
Xénero: Pittosporum
Especie: P. tobira
(Thunb.) W.T.Aiton, 1811
Pechar

Descrición

Arbusto de até 7 m de alto. Follas agrupadas nos extremos das ramas, simples, desde oblongas a espatuladas, co ápice redondeado ou escotado, lampiñas, lisas, co nervio medio ben marcado como unha raia amarela na face, coriáceas, ca face verde escura e brillante e máis claras polo envés. Inflorescencias en cimas corimbiformes, cos pedicelos pubescentes. Flores aromáticas con 5 sépalos cortamente soldados na base, iguais entre si e pétalos oblanceolados, branco-amarelados. Estames en número de 5, dimórficos: filamentos de 2-3 mm e anteras case estériles en estames reducidos e filamento de 5-6 mm e anteras fértiles de cor amarela, oblongas, e duns 2 mm. Froito en cápsula ovoidea, tomentosa e dehiscente por 2 a 4 valvas, habitualmente 3. Alberga no seu interior varias sementes pardo-alaranxadas, rodeadas por unha substancia resinosa-viscosa esbrancuxada.

Distribución

É orixinaria das rexións que rodean o mar da China Oriental: costa oriental da China, o sur de Xapón, o sur de Corea e illas próximas; foi introducida noutras partes do mundo, nalgunhas das cales está asilvestrada.

Na Península Ibérica compórtase como invasora, xa que as aves diseminan as sementes, aparecendo asilvestrada nos bosques lindeiros e aumentando a súa expansión progresivamente. Sería máis recomendable utilizar arbustos de espécies autóctonas para realizar sebes de xardinaría.

Usos

É unha planta moi utilizada como ornamental pola súa resistencia á contaminación atmosférica nas grandes cidades.[1] Utilízase en sebes cortaventos nas praias, onde medra ben sobre chan areoso, e onde resiste o vento forte e salobre[2]

Taxonomía

Pittosporum tobira foi descrita primeiro por Carl Peter Thunberg como Euonymus tobira e posteriormente clasificada no xénero Pittosporum por William Townsend Aiton e publicada en Hortus Kewensis, a Catalogue of the Plants Cultivated in the Royal Botanic Garden at Kew. Londres, (2ª ed.), 2, p. 27, 1811.[3]

Etimoloxía

Pittosporum: do idioma grego πίττα (por πίσσα) 'resina' e σπόρος, 'semente', ou sexa 'sementes pegañentas', pois as sementes están embebidas nunha substancia resinosa-viscosa esbrancuxada.

tobira: epíteto que é o nome da planta en Xapón.

Sinonimia
  • Euonymus tobira Thunb. - basónimo
  • Pittosporum chinense Donn
  • Pittosporum tobira var. chinense S.Kobay.
  • Pittosporum tobira var. tobira
var. calvescens Ohwi
  • Pittosporum makinoi Nakai
  • Pittosporum tobira var. fukienense Gowda[4]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.