Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Chasmanthe floribunda (Salisb.) N.E.Br. é unha especie herbácea e perenne pertencente á familia das iridáceas. É usada como ornamental en varias partes do mundo.
Chasmanthe floribunda | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
''Chasmanthe floribunda'' Salisb. N.E.Br. 1932 |
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[1]
É unha herba perenne, de follaxe decidua, bulbosa e ornamental, nativa de Suráfrica do mesmo xeito que as restantes especies de Chasmanthe. É unha especie que alcanza gran tamaño, até 1,2 m, con follas ensiformes de 30 a 60 cm de longo e 3 a 5 cm de ancho e flores tubulares de cor vermella-alaranxada nunha espiga erecta. Vexeta no inverno, florece na primavera e permanece en repouso durante o verán.
Chasmanthe floribunda foi descrita por Salisb. N.E.Br. e publicada en Transactions of the Royal Society of South Africa 20(3): 274. 1932.[2]
Chasmanthe: nome xenérico que procede do grego chasme, que significa aberto, partido e anthos, que significa flor, facendo referencia aos tépalos incisos ou partidos.
floribunda: epíteto latino que significa "profusamente floreada".[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.