Pediococcus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pediococcus é un xénero de bacterias do ácido láctico grampositivas situado na familia Lactobacillaceae. Xeralmente aparece agrupada en pares ou tétrades e divídese ao longo de dous planos de simetría,[2] igual que fan os outros xéneros de cocos do ácido láctico Aerococcus e Tetragenococcus. Son totalmente homofermentativas. A especie Pediococcus dextrinicus foi asignada recentemente ao xénero Lapidilactobacillus.[3][4]
Remove ads
Procesamento de alimentos
Pediococcus é, xunto con outras bacterias do ácido láctico como Leuconostoc e Lactobacillus, responsable da fermentación de repolos para facer sauerkraut. Neste proceso, os azucres do repolo fresco son fermentados a ácido láctico, o cal lle dá ao sauerkraut un sabor ácido e boas cualidades de conservación. As bacterias Pediococcus considéranse xeralmente contaminantes da cervexa e o viño,[2] aínda que a súa presenza é ás veces desexada en tipos de cervexa como o lambic e a Berliner Weisse.[5] Certos illamentos de Pediococcus producen diacetilo, que lle dá un aroma a manteiga ou butterscotch a algúns viños (como o Chardonnay) e a algúns tipos de cervexa. Especies de Pediococcus utilízanse a miúfo en inoculantes de ensilado (herba fermentada). Os pediococos úsanse como probióticos e engádense con frecuencia como microbios beneficiosos na creación de salchichas, queixos e iogures.
Remove ads
Especies
O xénero Pediococcus comprende as seguintes especies:[6]
- Pediococcus acidilactici Lindner 1887 (Listas Aprobadas 1980)
- Pediococcus argentinicus De Bruyne et al. 2008
- Pediococcus cellicola Zhang et al. 2005
- Pediococcus claussenii Dobson et al. 2002
- Pediococcus damnosus Claussen 1903 (Listas Aprobadas 1980)
- Pediococcus ethanolidurans Liu et al. 2006
- Pediococcus inopinatus Back 1988
- Pediococcus parvulus Günther e White 1961 (Listas Aprobadas 1980)
- Pediococcus pentosaceus Mees 1934 (Listas Aprobadas 1980)
- "Pediococcus perniciosus" Claussen 1903
- Pediococcus siamensis Tanasupawat et al. 2007
- Pediococcus stilesii Franz et al. 2006
Reclasificacións:
- Pediococcus dextrinicus foi reclasificada como Lapidilactobacillus dextrinicus.
- Pediococcus halophilus foi reclasificada como Tetragenococcus halophilus.
- Pediococcus lolii foi reclasificada como Pediococcus acidilactici.
- Pediococcus urinaeequi foi reclasificada como Aerococcus urinaeequi.
Remove ads
Filoxenia
A taxonomía aceptada actualmente está baseada na LPSN[6] e a filoxenia está baseada en secuencias de xenoma completo.[4]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads