From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parrochiale suevum, Parochiale suevorum (Parroquial suevo) ou Divisio Theodemiri é un importante manuscrito da segunda metade do século VI[1] e redactado inequivocamente entre os anos 572 e o 582[2] ou 589.[3]
Parochiale suevorum División de Teodomiro | |
---|---|
Copia do Parroquial Suevo no Liber Fidei, Doc. n.º 551, séc. XIII. | |
Título orixinal | Parrochiale suevum / Divisio Theodomiri |
Orixe | Reino Suevo da Gallaecia |
Lingua | lingua latina |
Tema(s) | Organización administrativa eclesiástica do reino suevo |
Data de pub. | século VIxuliano |
[ editar datos en Wikidata ] |
É considerado un documento único e excepcional en todo o occidente Latino[4], móstranos como a rexión comprendida entre o Miño e o Douro, a Gallaecia meridional sería a máis desenvolvida e a mellor organizada para todo o conxunto territorial. Sobre a importancia deste texto, cabe salientar as palabras do historiador francés Pierre David[5]:
Peza única da que non existe equivalente en ningunha outra provincia eclesiástica do mundo latino
No prefacio do devandito documento afírmase que tal organización acordouse nun concilio reunido en Lugo[6] en xuño do 569 por mandato do rei Teodomiro co fin primordial de «confirmar a Fe católica»,[7] tamén se decidiu elevar a sé de Lugo á dignidade metropolitana.[8] Así o rei Teodomiro explica a escaseza de bispos debido á extensión do territorio e a dificultade que a existencia dunha soa metrópole produce para tódalas sés afastadas de Braga.[9]
Neste documento reflíctese a organización administrativa e (maiormente) eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses: as oito tradicionais reflectidas no Primeiro Concilio de Braga de 561, así como as catro dioceses formadas ó sur do Douro, que son as de Conímbriga, Idanha, Lamego e Viseu.
O Parroquial Suevo non recolle as igrexas monásticas ou de fundación privada, senón que enumera soamente aquelas igrexas cunha función diocesana, e que por tanto podían administrar bautismo e funcionar como cemiterio da comunidade (Díaz Martínez 1998: 37; Díaz e Díaz 2002: 17),[10] este manuscrito amosa como o poder do bispo exercíase dunha maneira directa sobre o territorio máis próximo a súa residencia, enumerando pormenorizadamente ás igrexas dependentes qui in vicino sunt.[11]
Ademais menciónase a diocese, non territorial senón étnica, de Britoniarum (Bretoña, norte da actual provincia de Lugo), que tamén aparece mencionada canda ó seu bispo Mailoc no Segundo Concilio de Braga,de 572.[12] O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. Constitúe por tanto unha das referencias historiográficas máis importantes para a localización de pobos e poboacións na Gallaecia pos-romana, especialmente durante o Reino suevo.[13]
En definitiva, para López Quiroga[14] o «Parroquial Suevo» foi máis un punto de partida, ao reflectir unha organización ancestral do territorio que afunde as súas raíces en época prerromana e romana, que un punto de chegada, posto que a rede parroquial non tomará a súa forma case definitiva ata o século XII, no marco da reforma gregoriana. Deberiamos, por tanto e para a segunda metade do século VI, falar de «pre-parroquias» e non de «parroquias» en sentido estrito.
O documento recolle as seguintes dioceses:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.