constelación From Wikipedia, the free encyclopedia
Osa Maior[1][2][3][4] (en latín Ursa Major, abreviado UMa), tamén coñecida como o Carro das Estrelas ou Carro Grande[5], é unha constelación visible durante todo o ano no hemisferio norte. Entre os afeccionados é chamada co nome de "carro" ou "cazo", pola forma que debuxan ás súas sete estrelas principais, aínda que recibiu moitos outros nomes. Este asterismo de sete estrelas é chamado en GaliciaSetestrelo.
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de abril
Pechar
Alioth (ε UMa), situada na cola da osa, é a estrela máis brillante da constelación. As principais estrelas do "carro", excepto Dubhe (α UMa) e Benetnasch (η UMa), teñen un movemento propio común cara a un punto da constelación de Saxitario, formando parte da chamada Asociación estelar da Osa Maior.
Mizar (ζ UMa) e Alcor (80 UMa) forman unha das estrelas dobres máis coñecidas do firmamento.
A cuarta estrela máis próxima ó sistema solar, Lalande 21185, atópase nesta constelación.
W Ursae Majoris é o prototipo dunha clase de estrelas variablesbinarias de contacto, e con magnitudes comprendidas entre 7,75 e 8,48.
Finalmente, 47 Ursae Majoris é unha estrela análoga solar con dous planetas extrasolares.
β Ursae Majoris (Merak), xunto con Dubhe (as dúas estrelas máis a dereita na imaxe), sinalan a dirección da Polaris (α Ursae Minoris), a estrela polar, e polo tanto sinalan tamén o polo norte.
α Ursae Majoris (Dubhe), a segunda estrela máis brillante da constelación con magnitude 1.81, un sistema estelar múltiple a 124 anos luz de distancia.
β Ursae Majoris (Merak), de magnitude 2,34, é só a quinta estrela en brillo, e xunto con Dubhe, sinalan a dirección de Polaris (α Ursae Minoris), a estrela polar.
γ Ursae Majoris (Phecda, Phekda ou Phad), estrela branca de magnitude 2.41, a 84 anos luz.
δ Ursae Majoris (Megrez), estrela branca de magnitude 3,32.
ε Ursae Majoris (Alioth), a máis brillante da constelación con magnitude 1.76, é unha estrela Ap quimicamente peculiar, a máis brillante desta clase. É unha variable Alfa2 Canum Venaticorum cun brillo que flutúa 0,02 magnitudes.
ζ Ursae Majoris (Mizar), con magnitude 2.23, é unha estrela dobre óptica moi famosa xunto a Alcor, separadas ambas 12 minutos de arco. Porén, Mizar é unha estrela binaria real, coas súas compoñentes separadas 14 segundos de arco.
η Ursae Majoris (Benetnasch ou Alkaid), a terceira máis brillante da constelación con magnitude 1.85, unha estrela branco-azulada.
θ Ursae Majoris, estrela dobre onde as súas compoñentes están separadas 4,1 segundos de arco. A estrela principal é unha binaria espectroscópica.
ι Ursae Majoris (Talitha Borealis), sistema estelar múltiple de magnitude 3,12, a 48 anos luz de distancia.
κ Ursae Majoris (Talitha Australis), estrela binaria de magnitude 3,6 composta por dúas estrelas brancas separadas 0,3 segundos de arco.
λ Ursae Majors (Tania Borealis), estrela subxigante branca de magnitude 3,45 cun posible disco circumestelar ó seu redor.
μ Ursae Majoris (Tania Australis), xigante vermella e variable semirregular de magnitude 3,06.
ν Ursae Majoris (Alula Borealis), estrela binaria composta por unha xigante laranxa de magnitude 3,49 e unha anana amarela de magnitude 10.1, separadas 7,4 segundos de arco.
ξ Ursae Majoris (Alula Australis), de magnitude 3,79, estrela múltiple con catro ou cinco compoñentes a 27,3 anos luz.
ο Ursae Majoris (Muscida), xigante amarela e estrela variable entre magnitude 3,36 e 3,6.
π Ursae Majoris, denominación utilizada para dúas estrelas distintas; π2 Ursae Majoris é unha estrela xigante cun planeta extrasolar.
W Ursae Majoris, binaria de contacto onde ambas as estrelas comparten as capas exteriores. Dá nome a un tipo de variables (variables W Ursae Majoris).
47 Ursae Majoris, análogo solar con dous planetas extrasolares (47 Ursae Majoris b e c).
61 Ursae Majoris, anana amarela algo máis pequena có Sol a 31,1 anos luz de distancia.
78 Ursae Majoris, sistema binario que tamén forma parte da Asociación estelar da Osa Maior.
80 Ursae Majoris (Alcor), de magnitude 3,99; ó podela distinguir a simple vista de Mizar constitúe un exercicio habitual de agudeza visual.
HD 98618, estrela con características case idénticas ó Sol, considerada unha xemelga solar.
HD 89744, estrela branco-amarela cun planeta nunha órbitaexcéntrica.
Lalande 21185, anana vermella de brillo feble, a cuarta estrela máis próxima ó sistema solar a 8,29 anos luz.
Groombridge 1830, estrela subanana amarela cun alto movemento propio.
Groombridge 1618, anana laranxa e estrela fulgurante a 15,89 anos luz.
Gliese 412 (WX Ursae Majoris) é unha estrela binaria próxima composta por dúas ananas vermellas.
Con pequenos telescopios pódense ver ata 50 galaxias na Osa Maior. Como obxectos de maior interese, cabe destacar:
Galaxias M81 (galaxia de Bode) e M82 (galaxia de Cigarro), enriba da cabeza da osa, a última vista de perfil.
Galaxia del Remuíño (M101), visible de fronte, esta galaxia espiral está ó noroeste de η Ursae Majoris.
Galaxia espiral M108, situada 1,5º ó sueste de Merak (β Ursae Majoris).
NGC 3079, NGC 3184, NGC 3310 e NGC 4013, todas elas galaxias espirais.
Galaxia espiral M109, situada 36 minutos de arco ó sueste de Phecda (γ Ursae Majoris). Forma parte dun gran grupo de galaxias (Grupo de M109) do que forman parte NGC 3949, NGC 3953 e NGC 3982 entre outras.
Nebulosa do Moucho (M97), chamada así polos dous ocos visibles no disco gasoso da nebulosa.
Galaxia ananaI Zwicky 18, unha das galaxias máis novas que se coñecen.
Campo Profundo do Hubble, imaxe dunha pequena rexión na constelación, baseada nos resultados dunha serie de observacións co Telescopio Espacial Hubble.
Como curiosidade cita-lo obxecto Messier 40, unha estrela dobre que Messier non inseriu no seu catálogo.
A constelación da Osa Maior recibiu diferentes nomes ó longo da Historia en función das imaxes que a imaxinación do ser humano viu nela. Por exemplo os árabes vían unha caravana, os indios de América do Norte un cazo ou os Romanos bois de tiro.
Outras moitas civilizacións viron na súa forma un oso [6]. A mitoloxía grega consideraba que a Osa Maior era a osa na que fora convertida Calisto por Artemisa tras ser seducida por Zeus.
Unha das poucas estrelas mencionadas na Biblia (Job 9:9; 38:32 – Orión e as Pléiades son as outras), a Osa Maior foi imaxinada tamén como un oso polos hebreos e a meirande parte dos norteamericanos. Porén, como os osos non teñen colas longas, eles consideraron a Alioth, Mizar, e Alkaid como tres cachorros que seguen a súa nai ou a tres cazadores.