Cans de Caza,[1][2] anteriormente Lebreiros[3] e internacionalmente Canes Venatici, é unha pequena constelación do norte inserida por Johannes Hevelius no século XVII. O Can máis ó norte foi chamado Asterión, e nalgún tempo foi considerado unha constelación ou coma mínimo un asterismo. O Can máis ó sur foi chamado Chara.

Datos rápidos Canes Venatici, Nome latino ...
Canes Venatici
Thumb
Nome latino Canes venatici
Abreviatura CVn
Xenitivo Canum Venaticorum
Simboloxía O Cans de Caza
Ascensión recta 13 h
Declinación +40°
Área 465 graos cadrados

Rango 38°

Número de estrelas

(magnitude < 3)

1
Estrela máis brillante Cor Caroli (α CVn)

(magnitude ap. 2.90)

Choiva de meteoros
  • Canes Venaticidas
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e 40°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Maio

Pechar

Estrelas principais

  • α Canum Venaticorum (Cor Caroli). O seu nome significa "o corazón de Carlos", coma homenaxe ó rei inglés Carlos II (1630-1685), por que no seu reinado fundouse o Observatorio de Greenwich. É unha estrela dobre moi vistosa; unha das súas compoñentes, α2 Canum Venaticorum, é o prototipo dunha clase de variables que levan o seu nome (variables Alfa2 Canum Venaticorum).
  • β Canum Venaticorum (Asterión ou Chara), con magnitude +4,26, segunda estrela máis brillante da constelación cunhas características físicas que son moi semellantes ó Sol.
  • R Canum Venaticorum, xigante vermella e variable Mira cunha magnitude que varía entre 6,5 e 12,9 nun ciclo de 328,5 días.
  • Y Canum Venaticorum (A Superba), unha estrela de carbono e variable semirregular dun espectacular cor vermella. Cunha temperatura de 2800 K, é unha das estrelas máis frías que existen.
  • AM Canum Venaticorum, unha estrela moi azul de magnitude 14, prototipo dunha clase de binarias cataclísmicas.
  • AO Canum Venaticorum (20 CVn), cuarta estrela máis brillante da constelación con magnitude 4,73 e variable Delta Scuti.
  • AW Canum Venaticorum, xigante laranxa e variable semirregular onde a súa magnitude flutúa entre 4,72 e 4,81.
  • BH Canum Venaticorum, variable eruptiva do tipo variable RS Canum Venaticorum.
  • RS Canum Venaticorum, prototipo dunha clase de estrelas variables que levan o seu nome (variables RS Canum Venaticorum) e ademais binaria eclípsante.

Obxectos Notables do espazo profundo

  • M51 (NGC 5194). AR: 13h 29m 54.0s Dec: +47°12'00" (Época 2000). Galaxia do Remuíño, a súa distancia ó sol é de 15 millóns de anos luz e ten unha compañeira NGC 5195 AR: 13h 30m 00.0s Dec: +47°16'00" (Época 2000).
  • M63 (NGC 5055). AR: 13h 15m 48.0s Dec: +42°02'00" (Época 2000) - M94 (NGC 4736) AR: 12h 50m 54.0s Dec: +41°07'00" (Época 2000) e M106 (NGC 4258) AR: 12h 19m 00.0s Dec: +47°18'00" (Época 2000). Galaxias espirais, poden ser observadas con telescopios pequenos.
  • M3 (NGC 5272). AR: 13h 42m 12.0s Dec: +28°23'00" (Época 2000). Cúmulo globular brillante.
  • NGC 4244. AR: 12h 17m 30.0s Dec: +37°49'00" (Época 2000). Galaxia espiral, 8º ó oeste de Cor Caroli.
  • NGC 4485. AR: 12h 30m 30.0s Dec: +41°42'00" (Época 2000) e NGC 4490 AR: 12h 30m 36.0s Dec: +41°38'00" (Época 2000). Dúas galaxias observadas no mesmo campo, a NGC 4485 denominaselle Galaxia Cocoon, 4490 é máis grande e brillante. Localízanse a 1º ó nordeste de Beta Canum Venaticorum.
  • NGC 4631. AR: 12h 42m 06.0s Dec: +32°32'00" (Época 2000). Moi brillante, 6º ó sur de Cor Caroli e 2º ó oeste. No mesmo campo hai dúas galaxias máis NGC 4656 AR: 12h 44m 00.0s Dec: +32°10'00" (Época 2000) e NGC 4657 AR: 12h 44m 12.0s Dec: +32°12'00" (Época 2000).

Mitoloxía

Representan a Asterión e Chara, os dous cans sostidos polo Pastor (Boötes) mantendo o camiño das osas ó redor do polo norte.

Thumb
Imaxe dos Cans de Caza.

.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.