From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos mitílidos (Mytilidae) é unha familia de moluscos bivalvos mariños da subclase dos pteriomorfios, orde dos mitílidos, e superfamilia dos mitiloideos (Mytiloidea).[1]
Mitílidos Mytilida | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
As dúas valvas de Mytilus galloprovincialis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Mytilus edulis Linnaeus, 1758 [1] | |||||||||||||||
Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||
|
Cómpre dicir que tanto a orde, como a familia e a subfamilia, son hoxe en día taxóns monotípicos e que, polo tanto, as únicas especies viventes da orde dos Mytilida son as numerosas que comprende esta familia, que son vulgarmente coñecidas como mexillóns.[2]
A familia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque, na súa obra Analyse de la nature ou Tableau de l'univers et des corps organisés. Palerme: L'Imprimerie de Jean Barravecchia.
O nome científico da familia, Mytilidade, está formado sobre a base do seu xénero tipo, Mytilus, coa adición do sufixo do latín científico -idae.
Segundo o WoRMS a familia subdivídese en nove subfamilias, cos xéneros que se indican:[1]
Os mexillóns caracterízanse, como todos os lamelibranquios, por:
As especies desta familia encóntranse en todo o mundo, pero son máis abundantes nos mares máis fríos, onde adoito forman leitos ininterrompidos en costas rochosas na zona intermareal e na submareal pouco profunda. As especies da subfamilia dos Bathymodiolinae viven en hábitats de augas profundas.
Entre os mitilidos están os coñecidos mexillóns comestíbeis.
Algunhas das súas especies explótanse comercialmente dado o seu valor económico, xa que son unha imporatantísima fonte de proteínas para a alimentación humana, e son moi aprezados gastronomicamente; por iso son recolectadas e, sobre todo, cultivadas en mitilicultura (en Galicia, unha potencia mundial, nas coñecidas bateas das rías).
As tres principais especies explotadas son:
Mytilus galloprovincialisse probabelmente é a especie máis explotada. Cultívase principalmente nas augas costeiras de Galicia, e chega até as ribeiras do norte do mar Mediterráneo. Porén, tamén está documentada a súa produción nalgúns países mediterráneos do sur, na Federación Rusa, en Ucraína e en Suráfrica.[3]
Durante moitos anos considerouse a especie Mytilus galloprovincialis como conespecífica con Mytilus edulis. Hai pequenas diferenzas entre elas na forma da cuncha e na cor do bordo do manto; e aínda hoxe para algúns autores a súa separación en dúas especies distintas non está debidamente xustificada, dado que en zonas onde conviven xuntas ambas as especies prodúcense hibridacións.[4]
De xeito parecido, outros consideran a especie Mytilus platensis como a subespecie Mytilus edulis platensis de M. edulis.[1]
A evidencia máis temperá do consumo de mexillóns en Galicia foi datada no século IV a.C., como evidencian os concheiros,[5] grandes depósitos de cunchas de moluscos bivalvos incluíndo mexillóns en localidades costeiras, que subministran importantes datos arqueolóxicos, e que se encontraron, xa na época romana, até o século I, como no castro de Baroña.[3]
Sábese tamén que, no século XVI, portugueses viaxaban até Cambados, na ría de Arousa, para recolectaren mexillóns, ameixas e berberechos.[6]
Por outra banda, está documentado que, en California, os indios que vivían nas rexións costeiras consumían mexillóns (da especie Mytilus californianus) desde hai case 12 000 anos.[7]
Os mexillóns fixéronse importantes en España cando comezou a cultivarse ao comezo do século XX. Os primeiros cultivos realizáronse nas provincias de Tarragona e Barcelona en 1901 e 1909, respectivamente, usando postes de madeira chantados no fondo do mar, similares aos usados en Francia. Despois dos primeiros ensaios, este sistema foi abandonado e comezou o uso de estruturas flotantes: as bateas. Nese tiempo, as poboacións naturais de mexillóns nas rías galegas usábanse principalmente como fertilizante en agricultura e, a escala limitada, como alimento.
En 1946 introduciuse o cultivo do mexillón en bateas en Galicia e, ao cabo de poucos anos, a produción aumentou considerabelmente. As primeiras bateas consistían en estruturas cadradas de madeira sustentadas por un flotador central; tamén se usaban antigos barcos pesqueiros restaurados e adaptados, que sostiñan estruturas de madeira das que os cultivadores (mitilicultores) colgaban cordas de esparto (Stipa tenacissima); nas cordas fixaban a semente do mexillón (chamada mexilla) e, cando os mexillóns alcanzaban o tamaño comercial, recolectábanos a man ou cunha roda especial. Máis adiante, os antigos barcos foron substituídos por estruturas de madeira cadradas ou rectangulares que soportaban pequenas casetas. A flotación lográbase con flotadores de madeira envolvidos en redes de arame e revestidos con cemento. Hoxe en día, quedan unhas poucas bateas antigas, e a maioría das novas constrúense con marcos de madeira de eucalipto.[3]
A produción mundial de mexillóns superou en 2018 os 2,2 millóns de toneladas métricas, e o seu valor unitario situouse en 2,2 dólares o quilo de peso vivo, grazas a unha demanda forte. Esta cantidade duplica a producida hai unha década, destacando como máximos produtores a China, España, Chile, Tailandia e Nova Zelandia.[8] Por tanto, os principais países produtores de mexillóns cultivados (ademais de España, fundamentalmente en Galicia), son a China (máis de 663 000 t en 2002), principalmente Mytilus galloprovincialis, con pequenas cantidades de M. coruscus, Musculus senhouse e Perna viridis) e Chile.[3]
Que Galicia é unha potencia mundial en produción de mexillón é algo que está fóra de toda dúbida. Compite directamente coa China e Chile, pero sobre todo se consolida ano tras ano como a gran referencia española e europea grazas á produción das súas bateas. Así o confirman os últimos datos dados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, dos que se desprende que Galicia xerou no último lustro 1,2 millóns de toneladas, coas que o sector xerou 516.716.498 euros. Isto supón o 97 % do volume total de mexillón obtido en España desde 2013 e o 94 % dos ingresos xerados en primeira venda por este molusco no territorio nacional neste mesmo período.[9]
Ninguna destas enfermidades causa danos serios ao cultivo de Mytilus galloprovincialis.[3]
As especies asociadas que se encontran nos bancos naturais de mexillóns son aquelas que viven nas zonas intermareais rochosas, tales como cirrípedes (Balanus sp.) e algas (Enteromorpha sp). Os depredadores dos mexillóns son, entre outros, cangrexos, como Carcinus maenas, estrelas de mar, como Asterias rubens e algunha aves mariñas. As especies asociadas que atacan os mexillóns cultvados fano por medio de larvas planctónicas ou que se arrastran lentamente e corresponden a crustáceos tales como o decápodo Pisidia longicornis, anfípodos (Phtisica marina e Eurystheus maculates), ascidias (Ascidiella aspersa e Ciona intestinalis) e especies incrustantes tales como balánidos e vermes poliquetos (Elminius modestus e Pomatoceros sp.). Estes organismos compiten entre eles polo espazo e o alimento, e algúns poden invadir as cunchas dos mexillóns. O dano producido por cangrexos e estrelas de mar é leve, pero ocasionalmente A. rubens e Nucella lapillus, un gasterópodo, encóntranse sobre as cordas. Ademais, algúns peixes, tales como os espáridos Diplodus sargus e Sparus aurata, ocasionalmente danan os mexillóns adultos rompéndolles as cunchas, ademais de comeren tamén sementes de mexillóns.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.