From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Espáridos (Sparidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Comprende algunhas especies de grande interese comercial, como o ollomol, a dourada, o sargo ou a boga.
Presentan un corpo fusiforme, alto, comprimido lateralmente, cuberto de fortes escamas ctenoides ou cicloides ben desenvolvidas. Liña lateral ben aparente. Ollos grandes e boca pequena.
Posúen unha aleta dorsal continua, formada por dos partes dunha mesma lonxitude, a primeira con 10-13 espiñas e a segunda con 10-15 radios brandos. A anal, con 3 espiñas e 8-14 radios brandos. Pectoriais grandes e ventrais en posición torácica, cunha espiña e 5 radios brandos. Caudal escotada ou bifurcada.
Son omnívoros e viven no litoral, entre as pedras e prados de Posidonia. Habitan as augas dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, se ben algunhas especies penetran nos estuarios e zonas costeiras.
Son hermafroditas con alternancia de sexo ó longo da súa vida: nunhas especies son primeiro femias e convértense en machos e noutras son primeiro machos e rematan como femias.
Comprende 37 xéneros e 125 especies:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Espáridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Espáridos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.