Museo da Monnaie de Paris

From Wikipedia, the free encyclopedia

Museo da Monnaie de Parismap
Remove ads

O Museo da Monnaie de Paris (en francés: Musée de la Monnaie de Paris) tamén coñecido como Museo do 11 Conti (Musée du 11 Conti), por ser esa a súa dirección, é un museo numismático parisiense de titularidade pública pertencente á Monnaie de Paris ou fábrica nacional de moeda de Francia e instalado nun dos seus edificios, coñecido como Hôtel des Monnaies.[1]

Datos rápidos Tipo, Dimensións ...
Remove ads

Nel consérvanse e expóñense moedas e medallas, materiais utilizados na súa cuñaxe e espazos pedagóxicos acerca da historia as técnicas de fabricación de moeda en Francia desde as súas orixes.[2]

Pola súa vinculación coa Monnaie de Paris, o museo forma parte, entre outras federacións e entidades internacionais, da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).

Remove ads

Historia

Primeiro museo: 1833

Thumb
O edificio do Museo da Monnaie de Paris durante a canalización do Sena en 1851 (gravado)

Creado por iniciativa de Jean-Baptiste Henry Collin de Sussy, o museo foi inaugurado por Lois Filipe I o día 8 de novembro de 1833.[3]

Segundo museo: 1991

En 1991 presentouse un novo proxecto moseográfico, concibido por Katherine Gruel para a parte de moedas antigas, Jean Belaubre para as medievais e Bruno Collin para as correspondentes ás épocas moderna e contemporánea. Ao labor destes tres especialistas numismáticos débense diversos volumes do catálogo das coleccións do museo.

Este período da historia do museo concluíu o 31 de xullo de 2010, cando pechou as súas portas, inicialmente por un período de dous anos, para desenvolver obras de mantemento reorganización.

Terceiro museo: o Museo do 11 Conti (2017)

O período de pechamento previsto para dous anos estendeuse finalmente a sete, durante os que se executou o proxecto denominado MétaLmorphose, que supuxo unha notable transformación e ampliación das instalacións. Esta terceira etapa inaugurouse en setembro de 2017.[4][5][6]

Con case 1.800 obxectos expostos nos seus 1.200 metros cadrados de extensión, o novo museo exhibe algunhas das pezas mestras da colección da Monnaie de Paris, como unha creseida de ouro da Antiga Grecia, unha coroa de ouro (moeda capetina) a nome de Filipe VI de Francia (1328-1350), unha moeda de 10 luíses de ouro, un padrón monetario en platino, un oban xaponés de ouro, unha colección de pesos Akan, o tesouro vietnamita de Huế, etc.

Remove ads

Coleccións

Os fondos

A colección numismática do museo conta cun fondo de arredor de 200.000 obxectos, entre eles unhas 70.000 medallas, 40.000 moedas, 18.000 billetes e 5.000 utensilios e ferramentas relacionados coa fabricación de moeda. O resto dos fondos compóñeno aparellos científicos e metrolóxicos, pezas artísticas, cadros, planos, etc.

Na procura dunha adecuada conservación, transferiuse ao Servizo de Arquivos Económicos e Financeiros, do Ministerio de Finanzas, a maior parte dos arquivos históricos, compostos por máis de 13.000 volumes impresos, 98.400 publicacións, 1.454 volumes manuscritos e máis de 18.000 atados e cartafoles.[7]

A exposición

As salas do museo sitúanse na planta baixa e no primeiro andar do Hôtel des Monnaies e están dispostas para a súa visita cun criterio temático.[8]

Thumb
Antigo balancín de 1775 para a cuñaxe de moeda, da colección histórica do Museo da Monnaie de Paris

Na primeira sala do percorrido preséntanse as materias primas utilizadas desde a antigüidade nos ámbitos monetario, medallístico e metrolóxico, ben a través de obxectos históricos ou ben como minerais: platino, ouro, prata, ferro, cinc, estaño, níquel, latón, etc. Os minerais expostos proceden do laboratorio de ensaios que se instalou desde a inauguración do Hôtel des Monnaies en 1775. Exponse tamén unha táboa periódica dos elementos, para salientar o papel significativo da física e da química na fabricación da moeda metálica. Neste espazo foi onde se expuxeron xuntos por primeira vez o "metro padrón" e o "quilogramo padrón", que residen habitualmente na Oficina Internacional de Pesos e Medidas, tamén en París.

Na segunda sala (que ata o século XIX albergaba a sala de laminación da casa de moeda) preséntase o proceso de fabricación de moedas, medallas, pezas artísticas e xoias. Aí explícase o gravado en todos os seus aspectos, tanto antigos como modernos: a talla directa, a modelaxe, a redución, a electroerosión, o deseño asistido por computador e o gravado por láser. A seguir, a exposición céntrase no proceso de cuñaxe, desde que se levaba a cabo a martelo ata a época das prensas mecánicas, pasando polo emblemático período do balancín, do que se exhiben varios aparellos dos séculos XVIII e XIX. Tamén son relevantes nesta segunda sala outras pezas como os cuños monetarios para cuñaxe a martelo ou un conxunto de punzóns do século XVIII.

No andar inferior, no antigo salón coñecido como Grand Monnayage, exponse unha alegoría da Fortuna que se restaurou para a reapertura do museo nesta última fase. Nas salas deste andar preséntase a historia do propio edificio do Hôtel des Monnaies, da fabricación de moeda francesa e da loita contra a falsificación.

Thumb
Parte do tesouro do galeón holandés Slot Ter Hooge (século XVII), da colección histórica do Museo da Monnaie de Paris

As funcións e os usos do diñeiro son o centro de atención das seguintes salas do museo: obxectos relacionados coa regalía, o cambio, a contaxe, a tesaurización ou acumulación, etc. Expóñense tamén nesta sala obxectos paralelos á moeda que se utilizaron nalgunha época coa súa mesma función: panos, cunchas de caurí, ladrillos de , diñeiro africano premonetal como o kissi (barriñas de ferro) ou o mitako (fíos ou aros de cobre ou latón), etc.[9]

Outra das salas está dedicada enteiramente á numismática.

O derradeiro espazo da exposición coñécese como sala dos tesouros, onde se expoñen diversos achados numismáticos, como o do galeón holandés Slot Ter Hooge (século XVII), e se explican máis polo miúdo o da rúa Mouffetard de París e o de Huế, en Vietnam.[10]

Remove ads

Galería de imaxes

A seguir, preséntase unha escolla de pezas expostas no Museo da Monnaie de Paris.

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads