Remove ads
asociación artística e numismática From Wikipedia, the free encyclopedia
A Federación Internacional da Medalla de Arte (en francés: Fédération Internationale de la Médaille d'Arte; en inglés: International Art Medal Federation), coñecida tamén polo acrónimo FIDEM, é unha asociación profesional de ámbito internacional dedicada á práctica e a promoción da medallística artística.[1]
Federación Internacional da Medalla de Arte | |
---|---|
Tipo | International cultural organization e sociedade científica |
Data de fundación | 1937 |
Presidente/a | Philip Attwood (-) |
Na rede | |
https://www.fidem-medals.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A entidade está presidida polo numismático británico Philip Attwood.[2]
A FIDEM fundouse en París en 1937 como un instrumento para a promoción e a difusión da arte de gravar medallas a nivel internacional, de maneira que se garanta o seu recoñecemento e a súa consideración entre as demais modalidades artísticas, principalmente mediante publicacións e a través da organización de acontecementos internacionais.[3]
Os seus membros son desde artistas medallistas ata institucións como museos, casas de moeda, fundacións, bibliotecas, asociacións, empresas do sector e universidades de todo o mundo.[4]
A Federación Internacional da Medalla de Arte opera en arredor de 40 países, nos que conta coa figura dun delegado e un vicedelegado que manteñen contactos regulares cos artistas afiliados e con outras persoas e entidades relacionadas dun xeito ou doutro coa medallística.
Entre os principais eventos, a FIDEM organiza un congreso e unha exposición internacionais de periodicidade bianual sobre a arte da medalla, no transcurso dos cales se producen contactos e intercambios de ideas entre os artistas desta especialidade. O XXXV congreso, correspondente a 2018, tivo lugar en Otava, Canadá.[5][6][7]
Con ocasión de cada congreso-exposición, a entidade publica desde 1938 a revista Médailles, de difusión gratuíta entre os seus membros, que, entre outra información, agrupa artigos acerca dos temas tratados no congreso e sobre as medallas presentadas na exposición.[8][9]
No congreso que tivo lugar en Londres en 1992 instituíuse o Gran Premio da FIDEM, que se lle concede a unha das medallas presentadas en cada unha das exposicións internacionais bianuais, logo do seu exame por parte dun xurado escollido polo Comité Executivo e Consultivo da entidade, que atende a uns criterios prefixados por esta. A identidade dos gañadores coñécese en cada caso durante a cerimonia de clausura de cada congreso, momento no que se fai a entrega do galardón.[10]
Estes son os gañadores do premio:[11]
En 2007 instituíuse este premio creado para conmemorar o 70 aniversario da entidade. Concédese a unha ou varias persoas que destaquen polo seu apoio ao mundo da medalla.
Desde a súa creación, máis dunha trintena de artistas foron galardoados con este premio. Na súa edición de 2018 resultaron galardoados os canadenses Lynden Beesley, Susan Taylor, Lorraine Wright, Michael Groves e David Dunlop.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.