Remove ads
artista española From Wikipedia, the free encyclopedia
Maruxa Mallo, tamén citada como Maruja Mallo, pseudónimo de Ana María Gómez González,[1] nada en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1995, foi unha pintora surrealista galega.[2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ana María Gómez González 5 de xaneiro de 1902 Viveiro, España |
Morte | 6 de febreiro de 1995 (93 anos) Madrid, España |
Residencia | Buenos Aires (1937–) París (1932–) Avilés (1913–1922) Madrid Xixón Illas Canarias Galicia |
Ideoloxía política | Segunda República Española |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1922–) Q62604383 (1922–) Escola de Artes e Oficios de Avilés |
Actividade | |
Ocupación | mestra (1933–), pintora, deseñador de teatro, debuxante |
Membro de | |
Movemento | Surrealismo, Xeración do 27, Escuela de Vallecas (en) e Las Sinsombrero (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Cristino Mallo |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Concise Dictionary of Women Artists (en) |
Foi a cuarta filla do matrimonio formado por Justo Gómez Mallo e María del Pilar González, e irmá máis vella do escultor Cristino Mallo (nado en Tui en 1905). Os dous irmáns utilizaron o segundo apelido do seu pai.
Sendo aínda unha nena a súa familia trasladouse á localidade asturiana de Avilés.
En 1922, con 20 anos, trasladouse a Madrid para estudar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando onde permaneceu ata 1926, como tamén fixo o seu irmán dende 1923. Alí relacionouse con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, Margarita Manso, Luis Buñuel, María Zambrano e Rafael Alberti, co que mantivo unha relación ata que aquel coñeceu a María Teresa León. En 1927 tomou parte activa na primeira "Escuela de Vallecas", unha proposta 'plástico-poética' do escultor Alberto Sánchez Pérez e o pintor Benjamín Palencia.[4]
Durante esa década de 1920 traballou tamén para numerosas publicacións literarias como La Gaceta Literaria, El Almanaque Literario ou Revista de Occidente e realizou portadas de varios libros. Ortega y Gasset coñeceu os seus cadros en 1928 e organizoulle unha exposición nos salóns da Revista de Occidente. Exhibiu dez óleos que representaban pobos cheos de sol, toureiros e manolas, así como estampas coloreadas de maquinaria, deportes e cine de principios de século. A exposición foi todo un acontecemento cultural en Madrid, e tamén punto de partida para que Maruxa fose xulgada pola súa obra e non pola súa condición feminina.
Unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas permitiulle ir a París en 1932, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu a Max Ernst, René Magritte, Joan Miró, Giorgio de Chirico e outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. Mudou a súa concepción sobre a pintura, alí comezou a súa etapa surrealista. A súa pintura cambiou radicalmente e alcanzou a mestría, tanto que o mesmo Breton lle comprou en 1932 o cadro titulado Espantapájaros, obra poboada de espectros que hoxe é considerada unha das grandes obras do surrealismo.
De regreso a España comprometeuse coa Segunda República, e deu clases de pintura en Arévalo (Ávila) e Madrid. A sublevación do 18 de xullo de 1936 colleuna en Galicia, co seu mozo Alberto Fernández Martínez, onde estaba participando como mestra das Misións Pedagóxicas.[5] Refuxiouse en Vigo, na casa dun tío seu, onde viviu oculta por medo a unha denuncia. Pasou case seis meses oculta ata que en xaneiro de 1937 conseguiu chegar a Tui e de alí a Lisboa.
Con axuda de Gabriela Mistral, embaixadora de Chile en Lisboa,[6] logrou viaxar ata América en febreiro de 1937. Acabou por instalarse na Arxentina. A chegada de Perón fixo que marchase aos Estados Unidos, e instalouse en Nova York. Porén, en 1965 decidiu regresar a España, e fixou a súa residencia en Madrid.
En 1979, comezou a súa última etapa pictórica con Los Moradores del vacío. Tiña daquela 77 anos, mais aínda conservaba o frescor e a vitalidade que a acompañaran toda a súa vida. Na década dos 90 ofrecéronlle varias exposicións e premios, como a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e o Premio de Artes Plásticas de Madrid. Cunha exposición monográfica da súa obra inaugurouse o Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, en 1993.
Meses despois faleceu en Madrid aos 93 anos.
En 2019 a compañía de danza Licenciada Sotelo na montaxe A gala investiga a súa figura e obra.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.