Remove ads
escultor galego (1905-1989) From Wikipedia, the free encyclopedia
Cristino Gómez González, nado en Tui o 23 de agosto de 1905 e finado en Madrid o 11 de xaneiro de 1989, foi un escultor galego, coñecido artisticamente como Cristino Mallo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Cristino Gómez González 23 de agosto de 1905 Tui, España |
Morte | 11 de xaneiro de 1989 (83 anos) Madrid, España |
Outros nomes | Cristino Mallo |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1923–1927) Escola de Artes e Oficios de Avilés |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | escultor, mestre, artista visual |
Empregador | Escola de Arte A Palma (1966–1972) Escola de Arte e Superior de CRBC |
Membro de | |
Movemento | Novecentismo (pt) e Arte abstracta |
Profesores | José Capuz (pt) , Mateo Inurria (pt) , Miguel Blay Fábregas (pt) , Miguel Ángel Trilles e Julio Vicent |
Influencias | |
Participou en | |
1947, 1948, 1952, 1954 | Academia Breve de Crítica de Arte (en) |
El Mono Azul (pt) | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Maruja Mallo |
Premios | |
| |
Naceu no seo dunha familia de artistas. Usou como nome artístico o segundo apelido do seu pai, Justo Gómez Mallo, ao igual cá súa irmá máis vella, a pintora Maruxa Mallo[1].
En 1923 foi a Madrid a estudar na Academia de Belas Artes de San Fernando, con José Capuz e Mateo Inurria. Acudiu, xunto coa súa irmá, que tamén estudaba na Academia, ás charlas da Granja del Henar, onde entrou en contacto con Rafael Alberti, Federico García Lorca e Ramón María del Valle Inclán. Durante a Ditadura de Primo de Rivera e a Segunda República frecuentou outras charlas artísticas e colaborou con prestixiosos intelectuais doutros ámbitos, realizando maquetas para os arquitectos Luis Lacasa Navarro, Manuel Sánchez Arcas e Agustín Aguirre (Xeración do 25) e figuras para a obra de Federico García Lorca Títeres de cachiporra, por encargo de María Teresa León.
En 1931 estivo entre os asinantes do manifesto da Agrupación Gremial de Artistas Plásticos (AGAP). En 1933 gañou o Premio Nacional de Escultura coa obra Desnudo con pez. En 1935 obtivo praza de profesor na Escola de Artes e Oficios de Salamanca[2]. Durante a Guerra Civil Española implicouse no bando republicano, participando na Alianza de Intelectuais Antifascistas, para a que realiza carteis, e na revista El Mono Azul.
Terminada a guerra, mentres a súa irmá marchaba exiliada, el permaneceu en España no coñecido como "exilio interior", incluíndo unha estancia no cárcere[3]. Relacionouse cos artistas que renovaron a estética da posguerra (a denominada Escola de Madrid). Frecuentaba a charla do Café Gijón e acadou sona no ambiente artístico, participando no quinto Salón dos Once (1947) e expoñendo na galería Theo.
En 1954 volveu obter o Premio Nacional de Escultura con Muchacha caminando. En 1973 foi elixido Académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, e en 1983 concedéuselle a Medalla de Ouro das Belas Artes.
Estilisticamente está relacionado co mediterraneísmo propio do novecentismo (influencia de Aristide Maillol, Manolo Hugué, das teorías estéticas de Eugenio D'Ors e de escultores italianos como Marino Marini ou Giacomo Manzù), incorporando algunhas das innovacións formais da escultura abstracta.
Realizou a súa obra en boa parte en formatos reducidos[4], se ben tamén realizou escultura de grandes dimensións para monumentos urbanos (Monumento a Eugenio D'Ors, Fuente de los Delfines -ambos os dous en Madrid-).
Trala súa morte, a súa familia depositou gran parte do seu legado na Fundación Eduardo Capa[5][6].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.