Marta Dahlgren

profesora e tradutora galega de orixe sueca From Wikipedia, the free encyclopedia

Marta Dahlgren

Marta Cristina Dahlgren Thorsell, nada en Vanersborg en 1941, é unha profesora e tradutora sueco-galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaMarta Dahlgren
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
Vänersborg, Suecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, tradutora Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX976958
Pechar

Traxectoria

Thumb
Dahlgren nunha imaxe de 2016.

Chegou a Galicia en 1967. Tras a crianza das dúas fillas (unha delas é a artista viguesa Elena Gómez Dahlgren), cursou estudos universitarios en Vigo e máis tarde en Compostela[1]; doutorouse con sobresaíante cum laude en Filoloxía Inglesa (coa tese Narrators and Reflectors in Works by William Faulkner) e quitou a praza como profesora titular de inglés na Universidade de Vigo, onde impartiu a docencia dende 1992 até a súa xubilación en setembro de 2009[2]. Previamente, entre 1981 e 1992, exercera como profesora de inglés técnico na Escola de Enxeñaría Técnica Industrial de Vigo.

Aprendeu a lingua galega durante a súa etapa como profesora universitaria.

Na súa faceta de tradutora dende o sueco, foi galardoada en 2002 co premio de Tradución outorgado pola Área de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, pola obra Os irmáns de Corazón de León, traducida canda Liliana Valado; así mesmo, en 2016 recibiu o XV Premio Plácido Castro pola súa tradución ao galego de Kallocaína, unha novela de Karin Boye[3][4].

Até 2020, foi coeditora da revista especializada Vigo International Journal of Applied Linguistics.

Traducións

Cara ao galego

Do galego ao inglés

  • Metamorphoses. VV.AA. Escolma de poesía galega traducida tamén por Carys Evans-Corrales, John Burns, Celia de Fréine, John Rutherford, Alejandro E. Vásquez. Thalia Pandiri (editor), 2013, Northampton, MA[8].

Do galego ao sueco

  • Hårsvall. Claudio Rodríguez Fer, A cabeleira (Poema en 60 idiomas). A tola soñando, núm. 1, 3ª edición ampliada, s. l. (Lugo), 2016.

Outras publicacións

  • "Como é que son galega", no apartado O pobo elixido da revista Luzes, nº 41 (febreiro de 2017)

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.