autora de literatura infantil sueca From Wikipedia, the free encyclopedia
Astrid Anna Emilia Ericsson, máis coñecida coma Astrid Lindgren, nada o 14 de novembro de 1907 nunha granxa de Näs en Småland[1] e finada o 28 de xaneiro de 2002, foi unha autora sueca de literatura infantil, que conta con libros traducidos a 85 linguas en máis de 100 países.
A súa obra comprende máis de 60 libros pioneiros na defensa dos dereitos da infancia, das mulleres, dos animais e na defensa da non-violencia e da natureza.[1] É especialmente coñecida pola saga de Pippi Mediaslongas que escribiu na convalecencia da súa filla Karin[1]. Pippi Mediaslongas deuse ao prelo por primeira vez en 1945.[1]
Foi galardoada co Premio Hans Christian Andersen, co Premio Nacional de Literatura de Suecia, coa Medalla de Ouro da Academia Sueca, co Premio da Paz dos libreiros alemáns e co Premio Internacional do Libro da Unesco.[1]
Leva o seu nome o Premio Memorial Astrid Lindgren, premio instaurado en 2003 e considerado o máis importante da literatura infantil e xuvenil.[1]
A súa vida está recollida na película Unga Astrid (Coñecendo a Astrid) da directora danesa Pernille Fischer Christensen.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.