Remove ads
dereitos humanos From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Dereitos do Neno (ou Dereitos da Infancia) son dereitos que posúen os nenos, nenas e adolescentes polo simple feito de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.
A primeira declaración de dereitos do neno, de carácter sistemática, foi a Declaración dos Dereitos do Neno de 1924, redactada por Eglantyne Jebb fundadora da organización internacional Save the Children , que foi aprobada pola Sociedade de Nacións o 26 de decembro de 1924.
As Nacións Unidas aprobaron en 1948 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que, implicitamente, incluía os dereitos do neno, porén, posteriormente chegouse ó convencimento de que as particulares necesidades dos nenos debían estar especialmente enunciadas e protexidas.
Por iso, a Asemblea Xeral da ONU, aproba en 1959 unha Convención sobre os Dereitos do Neno, que constaba de 10 principios, concretando para os nenos os dereitos contemplados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Seis anos antes decidira que o Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para os nenos (UNICEF) continuara os seus labores coma organismo especializado e permanente para a protección da infancia (denominándoo oficialmente Fondo das Nacións Unidas para a Infancia).
Os dereitos do neno poden dividirse nas seguintes categorías:
Aínda que a lexislación e o sistema xurídico de cada país adoitan ser diferentes, case a totalidade dos países entenden as necesidades dos nenos como sumamente importantes, por iso consagran medidas especiais para a súa protección. Protección da que non só se ocupa unha lei simple senón que, habitualmente, é a mesma Constitución.
Entre os dereitos que se protexen constitucionalmente atópanse os seguintes:
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Dereitos do neno |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.