Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Eglantyne Jebb, nada en Ellesmere, Shropshire, o 25 de agosto de 1876 e finada en Xenebra o 17 de decembro de 1928, foi unha activista reformista e fundadora da Save the Children. Escribiu o primeiro esbozo da Declaración Universal dos Dereitos do Neno, que eventualmente foi adoptado pola Liga das Nacións en 1924.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de agosto de 1876 Ellesmere, Reino Unido (pt) |
Morte | 17 de decembro de 1928 (52 anos) Xenebra, Suíza |
Lugar de sepultura | Cemetery of Saint George (en) , secteur 25, tombe 1443 (–2024) Cemiterio dos Reis, J4 409 (2024–) |
Residencia | Xenebra |
Educación | Lady Margaret Hall (en) |
Actividade | |
Ocupación | filántropa |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en | |
Familia | |
Pais | Arthur Trevor Jebb e Eglantyne Louisa Jebb |
Irmáns | Dorothy Buxton Louisa Wilkins |
Descrito pola fonte | A historical dictionary of British women (en) , (p.242) |
Despois de estudar historia na Universidade de Oxford, Jebb formouse para ser mestra, mais despois dun ano de dar clases aos nenos, deuse conta de que esa non era a súa vocación. Non obstante, observou os efectos da pobreza na vida da infancia.[1]
Cando volveu a Cambridge para coidar da súa nai, Eglantyne acabou traballando para a organización benéfica local, a Charity Organisation Society (COS), e mesmo levou a cabo investigacións en Cambridge.[2] Nesta organización coñeceu a Florence Ada Keynes, secretaria da unidade local do COS, e tamén coñeceu a Margaret Keynes, a súa filla, coa que mantivo unha relación amorosa durante moitos anos, ata o matrimonio de Margaret cun home. A existencia ou non desta relación homoafectiva é o punto máis controvertido da biografía de Eglantyne.[1]
En 1913, Eglantyne axudou a unha organización benéfica fundada polo seu cuñado Charlie Buxton e o seu irmán Noel Buxton para o Macedonian Relief Fund, unha organización benéfica creada para axudar os refuxiados da Segunda Guerra dos Balcáns. Regresou a Inglaterra uns meses antes da primeira guerra mundial, onde traballou no proxecto da súa irmá, onde importaban e traducían xornais estranxeiros, co fin de demostrar os verdadeiros efectos da guerra sobre os civís dos países inimigos.[1]
Co colapso do Imperio Austro-Húngaro e do Imperio Alemán, quedou claro que a infancia destes países sufría cada vez máis pola comida. As irmás fundaron o Fight the Famine Council, un grupo para tratar de obrigar a Inglaterra a que puxese fin ao bloqueo naval contra os países e garantise o tráfico de barcos.[1] Non obstante, o foco cambiou rapidamente coa fin da guerra. O grupo chamábase agora Save the Children Fund e recollía doazóns para prestar servizos de socorro ás vítimas da guerra. Co éxito da organización, Eglantyne e Dorothy lanzaron un capítulo internacional en Xenebra coa axuda do capítulo británico e do capítulo sueco.
Como as doazóns ao fondo caeron a principios dos anos 20, Eglantyne planificou e levou a cabo investigacións científicas e reunións con outras organizacións polo benestar infantil. O comunicado tamén serviu para promover o capítulo internacional de Save the Children, que non contou con tantos membros como o capítulo británico. A Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos foi adoptada pola Sociedade de Nacións en 1924.[1][3][4]
Despois de anos de sufrir un problema de tiroide, Eglantyne Jebb morreu nunha residencia de anciáns de Xenebra en 1928.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.