É o tratado internacional que reúne ao maior número de Estados partes. Foi ratificada por todos os Estados do mundo, fóra de Somalia e os Estados Unidos de América, este último fundamentalmente debido á prohibición da aplicación da pena de morte a nenos que contén esta convención.
1919: A Sociedade das Nacións crea o Comité de Protección da Infancia. A existencia deste comité fai que os Estados non sexan os únicos soberanos en materia de Dereitos do Neno.
1924: A Sociedade de Nacións adopta a Declaración de Xenebra dos Dereitos do Neno.
1927: Durante o IV Congreso Panamericano do Neno, dez países americanos (Arxentina, Bolivia, Brasil, Cuba, Chile, Ecuador, Estados Unidos, Perú, Uruguai e Venezuela) subscriben o acta de fundación do Instituto Interamericano do Neno (IIN), organismo promotor do benestar dos nenos e as súas nais na rexión.
1934: A Sociedade das Nacións aproba, por segunda vez, a Declaración de Xenebra dos Dereitos do Neno.
1979: Celébrase o Ano Internacional do Neno. Realízanse actividades conmemorando o vixésimo aniversario da Declaración dos Dereitos do Neno.
1983: Diversas organizacións non gobernamentais organízanse para elaborar unha Convención Internacional sobre os Dereitos do Neno, tendo un estatuto de consulta xunto coas Nacións Unidas.
1989: A Convención sobre os Dereitos do Neno é adoptada pola Asemblea Xeral da ONU e aberta á firma e ratificación por parte dos Estados.
1990: Celébrase o Cume Mundial de Presidentes en favor da infancia. No devandito cume apróbase o Plan de Acción para o decenio 1990-2000, o cal serve de marco de referencia para os Plans Nacionais de Acción en cada Estado parte da Convención.
2001: Celébrase o Ano Interamericano da Nenez e a Adolescencia.
2002: O 12 de febreiro entra en vigor o Protocolo Facultativo á Convención, impulsado pola ONU, que eleva a idade mínima de recrutamento e participación en hostilidades de 15 a 18 anos.
Participación: os nenos, como persoas e suxeitos de dereito, poden e deben expresar as súas opinións nos temas que os afecten. As súas opinións deben ser escoitadas e tomadas en conta para a axenda política, económica ou educativa dun país. Deste xeito créase un novo tipo de relación entre os nenos, nenas e adolescentes e quen toman as decisións por parte do Estado e a Sociedade Civil.
Supervivencia e desenvolvemento: as medidas que tomen os Estados Parte para preservar a vida e a calidade de vida dos nenos deben garantir un desenvolvemento harmónico no aspecto físico, espiritual, psicolóxico, moral e social dos nenos, considerando as súas aptitudes e talentos.
Interese superior do neno: cando as institucións públicas ou privadas, autoridades, tribunais ou calquera outra entidade deba tomar decisións respecto dos nenos e nenas, deben considerar aquelas que lles ofrezan o máximo benestar.
Non discriminación: ningún neno debe ser prexudicado de modo algún por motivos de raza, credo, cor, xénero, idioma, caste, situación ao nacer ou por padecer algún tipo de impedimento físico