John Rutherford
escritor británico From Wikipedia, the free encyclopedia
John David Rutherford, nado en St Albans (Hertfordshire, Inglaterra) o 8 de agosto de 1941,[1][2] é un galicianista e hispanista inglés, profesor de lingua e literatura española e lingua e literatura galega, tradutor ao inglés destas linguas, novelista e académico, destacado por ter promovido o coñecemento da cultura galega, especialmente da súa literatura.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1941 (83 anos) Hertfordshire, Reino Unido |
Educación | Wadham College Haberdashers' Aske's Boys' School (en) Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, escritor, tradutor, crítico literario, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Oxford |
Membro de | |
Premios | |
Xubilado no 2008, é Profesor Emérito (Emeritus Fellow) de lingua e literatura españolas no Queen's College da Universidade de Oxford.
Ten fonda relación con Ribadeo, de onde dixo 'eu entrei na vida de verdade en Ribadeo'[2].
Traxectoria
Ruherford fixo os seus primeiros estudos na Haberdashers' Aske's Boys' School (unha escola privada). Desde a súa época de estudante universitario estivo vinculado á Universidade de Oxford: comezou os seus estudos de castelán no Wadham College, antes de ir, en 1969 ao Saint Anthony's College, aínda que xa empezara ditando un relatorio no Queen's College o ano anterior.[3]
Doutorouse pola Universidade de Oxford en 1969 coa tese Mexican Society during the Revolutión: A literary approach (Oxford University Press, 1971).[4]
Foi Praelector en español,[5] Laming Resident Fellow e secretario do Laming Committee.[6]
Profesor do Queen's College da Universidade de Oxford dende 1968, alí creou, en 1991, o Centro de estudos galegos desta universidade, dirixíndoo ata a súa xubilación.
Así mesmo, coordinou o Obradoiro de Tradución Galego-Inglés do Queen's College, que traduciu e publicou unha escolma de textos de Méndez Ferrín (Them and other storys, 1996) e Cousas de Castelao (Things, 2000). Outros autores traducidos, que aínda non viron a luz en formato libro, son María Mariño, Carlos Casares, e Eduardo Blanco Amor, entre outros. Neste Obradoiro, ademais do propio profesor Rutherford, participaron Benigno Fernández Salgado e Xelís de Toro, entre outros.
Foi vicepresidente (1991-1994) e presidente (1994-1997) da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
No mundo do hispanismo é coñecido por ser autor da tradución inglesa de dous clásicos da literatura española: La Regenta e O Quixote.[7]
No ano 2001, a través do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo publicou Breve historia del pícaro preliterario, defendendo a orixe galega deste personaxe da literatura española. Ademais, publicou unha novela en galego, As frechas de ouro (Vigo: Galaxia, 2004), un libro de viaxes novelado sobre o Camiño de Santiago,[8] posteriormente traducida ao castelán, Las flechas de oro (León: Lobo Sapiens, 2013).
É habitual velo en Ribadeo, onde coñeceu a súa esposa, Tita, en 1959, e coa que casou, na igrexa parroquial, en 1964.[9] Pasa moitos dos seus veráns nesa vila. Alí participa na rondalla estival e foi o animador das Xornadas 'Mar por medio', que levan editándose na vila dende o ano 1992, procurando a relación da cultura galega co exterior alén o mar, tanto coas illas Británicas (sobre todo) como con Norteamérica.
Principais obras literarias
Obras propias
- 1974 - Leopoldo Alas: La Regenta. Londres: Thamesis Books. ISBN
- 1988 - La Regenta y el lector cómplice. Murcia: Universidad de Murcia. ISBN 84-7684-125-6.
- 2001 - Breve historia del pícaro preliterario. Vigo: Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-187-4. tamén existe versión en español: Breve historia del pícaro preliterario. Vigo: Universidade de Vigo.[10]
- 2008 - O fermoso sorriso do profeta Daniel. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-72-4.
- 2016 - The Spanish Golden Age Sonnet. University of Wales Press. ISBN 978-17-83168-96-5
Obras editadas
- 1991 - Actas do I Simposium de estudios galegos = Proceedings of the 1st Oxford Conference on Galician Studies. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Política Lingüística.
- 2005 - The Blue Papers. Oxford: Oxford Centre for Galician Studies. (1 vol.)
- 2007 - Galician Review. Oxford, Birmingham: Oxford Centre for Galician Studies, Birmingham Centre for Galician Studies. (6 vols.)
Traducións
- 1996 - Them and other stories de Xosé Luís Méndez Ferrín. Wales: Planet. ISBN 0-9505188-4-0
- 2002 - Galicia de Ramón Piñeiro. Vigo: Galaxia. ISBN 84-8288-575-8
- 2003 - Don Quixote de Miguel de Cervantes Saavedra. Nova York: Penguin Books. Penguin Classics. ISBN 978-0-14-243723-0.
- 2005 - La Regenta de Leopoldo Alas. Nova York: Penguin Books. Penguin Classics. ISBN 978-0-14-044346-2.
- 2014 - Nimbos de Xosé María Díaz Castro. Sofía: Small Station Press. ISBN 0-9505188-4-0
- 2016 - As traducións de sonetos españois do Século de Ouro contidos en The Spanish Golden Age Sonnet. University of Wales Press. ISBN 978-17-83168-96-5
Obras de creación
- 2004 - As frechas de ouro. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-757-9.
- 2013 - La flechas de oro. León: Editorial Lobo Sapiens.[11]
Outros
Xurado dos Premios Nacionais da Cultura 2008.[12]
Honras e distincións
- Premio Nacional de las Artes 1984[2]
- En 1998 foi galardoado pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao.
- O 24 de xuño de 2007 recibiu o Premio Trasalba pola súa contribución á difusión da lingua, cultura e literatura galegas.[13][14]
- O 4 de outubro de 2008 ingresou na Real Academia Galega como académico de honra.[3], coa lectura do discurso O fermoso sorriso do profeta Daniel, respondido por Antón Santamarina[15]
- O 23 de marzo de 2012 foi investido doutor honoris causa pola Universidade da Coruña.[16]
- O 31 de agosto de 2012 recibiu o título de fillo adoptivo de Ribadeo.[17][18]
- O 24 de abril de 2014 foi investido doutor honoris causa pola Universidade de Oviedo.[19][20]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.