Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
La Regenta é unha novela en lingua castelá de Leopoldo Alas "Clarín", publicada en 1884. Está considerada unha das grandes novelas da literatura española.
La Regenta | |
---|---|
Título orixinal | La Regenta |
Autor/a | Leopoldo Alas |
Orixe | España |
Lingua | lingua castelá |
Xénero(s) | novela naturalista |
Data de pub. | 1884 e 1888 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aspira a retratar en toda a súa complexidade unha cidade de provincias, Vetusta (nome tras o cal se esconde Oviedo) ao mesmo tempo asume a representación da sociedade española da Restauración.
Clarín somete a unha irónica crítica todos os estamentos da cidade: a aristocracia decadente, o clero corrupto, as damas hipócritas, os partidos políticos. Todo isto conforma unha atmosfera social asfixiante, opresiva, coa que choca a protagonista, Ana Ozores.
O seu temperamento sensible e soñador lévaa a refuxiarse no misticismo, pero o seu confesor, Fermín Pas, decepciónaa cando intenta aproveitarse dela. Cae entón en brazos de Álvaro Mesía, mediocre 'donjuán' co que vivirá unha relación amorosa que non resultará ser máis que un sucedáneo dos seus ideais románticos.
La Regenta é unha novela de acción lenta na que adquiren grande importancia as descricións da psicoloxía dos personaxes e dos ambientes.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: La Regenta |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.