Torgny Lindgren

escritor sueco From Wikipedia, the free encyclopedia

Torgny Lindgren

Torgny Lindgren, nado en Raggsjö (Västerbotten) o 16 de xuño de 1938 e finado o 16 de marzo de 2017, foi un recoñecido escritor sueco membro da Academia Sueca dende 1991.

Para o numismático sueco do mesmo nome, véxase Torgny Lindgren (numismático)
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Torgny Lindgren
Thumb
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1938
Norsjö, Suecia (pt)
Morte16 de marzo de 2017 (78 anos)
Rimforsa, Suecia (en)
Causa da mortecancro de estómago
9º Seat 9 of the Swedish Academy (en)
20 de decembro de 1991 – 16 de marzo de 2017
 Ture JohannissonJayne Svenungsson (pt)  
Actividade
Campo de traballoProsa
Ocupaciónescritor
Período de actividade1965 -
Membro de
Familia
FillosYlva Pettersson
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Academia Sueca
WikiTree: Lindgren-224
Pechar
Thumb
Torgny Lindgren en 2007.

Traxectoria

Cando novo, mudouse do norte a Småland, no sur de Suecia, onde exerceu como mestre. Militou nesa mesma época no Partido Socialdemócrata Sueco, e a atmosfera política reflectiuna en varias das súas obras. En 1980 converteuse ao catolicismo. En 1983 foi galardoado co Gran Premio Novelístico da Sociedade para a promoción da Literatura, e en 1984 acadou o Premio Aniara. En 1995 a súa obra Hummelhonung recibiu o Premio August, e foi adaptada á ópera en 2001 con música de Carl Unander-Scharin. Previamente fora elixido membro da Academia Sueca, o 28 de febreiro de 1991, sucedendo o lingüista Ture Johanisson como titular da cadeira número 9. Amais dos sinalados, recibira en 1987 o Premio Doblougska, en 1999 o Premio Gerard Bonnier e en 2000 o Premio de Literatura Selma Lagerlöf.

Obra

  • Plåtsax, hjärtats instrument (1965, poesía)
  • Dikter från Vimmerby (1970, poesía)
  • Hur skulle det vara om man vore Olof Palme? (1971, poesía)
  • Skolbagateller medan jag försökte skriva till mina överordnade (1972, relatos)
  • Övriga frågor (1973, novela)
  • Hallen (1975, novela)
  • Intervjun (1977, teatro)
  • Legenden om Achille Paganinis besök i Vimmerby 1869 (1977, teatro)
  • Brännvinsfursten (1979, novela)
  • Skrämmer dig minuten (1981, novela)
  • Markus (1981, novela)
  • Slaktningen vid Sju ekars kulle (1982, teatro)
  • Ormens väg på hälleberget (1982, novela crítica)
  • Merabs skönhet (1983, relatos)
  • Batseba (1984, novela)
  • Fadershanden och Giga. Två skådespel (1986, teatro, coescrito con Eric Åkerlund)
  • Legender (1986, relatos)
  • Ljuset (1987, novela)
  • Kärleksguden Frö (1988, novela, ilustrada por Peter Dahl)
  • Den röda slöjan (1990, novela, coescrita con Eric Åkerlund baixo o pseudónimo Hans Lamborn)
  • Till sanningens lov. Rammakaren Theodor Marklunds egen redogörelse (1991, novela)
  • Ture Johannisson. Inträdestal i Svenska akademien (1991)
  • Mel de abellón (Hummelhonung; 1995, novela. Versionada como ópera en 2001 por Carl Unander-Scharin)
  • Bordsstudsaren (1998, teatro, coescrito con Ylva Pettersson)
  • I Brokiga Blads vatten (1999, relatos)
  • Pölsan (2002, novela)
  • Döden ett bekymmer (2003, novela)
  • Maten. Hunger och törst i Västerbotten (2003, libro de cociña, coescrito con Ella Nilsson)
  • ABC (2003, poesía)
  • Berättelserna, relatos (Merabs skönhet, Legender eI Brokiga Blads vatten)
  • Dorés bibel (2005, novela)
  • Norrlands akvavit (2007, novela)
  • Nåden har ingen lag (compilación das novelas Hummelhonung, Pölsan eDorés bibel, 2008).
  • Minnen (2010, novela autobiográfica)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.