Victoria Benedictsson

escritora sueca From Wikipedia, the free encyclopedia

Victoria Benedictsson

Victoria Benedictsson, nada en Domme o 6 de marzo do 1850 e finada en Copenhague o 21 de xullo do 1888, foi unha escritora sueca. O seu nome de nacemento é Victoria Maria Bruzelius, e escribiu baixo o pseudónimo de Ernst Ahlgren. Entre as súas obras, destacan Cartos (1885) e Fru Marianne (1887).[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Victoria Benedictsson
Thumb
Biografía
Nacemento(sv) Victoria Bruzelius
1850
Domme
Morte21 de xullo do 1888
Copenhague
Causa da mortesuicidio, desangramento
Lugar de sepulturaCemiterio Oeste (Copenhague) 
País de nacionalidadeSueca
Actividade
Campo de traballoLiteratura
OcupaciónEscritora
Período de actividadeSéculo XIX
Xénero artísticoNovela, teatro
MovementoRealismo
Pseudónimo literarioErnst Ahlgren
LinguaSueco
Familia
CónxuxeChristian Benedictsson (1851–valor descoñecido)
FillosHilma Margareta Segerstéen
NaiHelena Sofia Bruzelius
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteIdun (en) , (vol:1888, p.1)
Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) , lang: lingua sueca, lingua inglesa
Obálky knih,
WikiTree: Bruzelius-2
Pechar

Traxectoria

Benedictsson naceu nunha granxa de Domme, unha vila da provincia de Skåne. Aos 21, casou cun viúvo de 49 anos de Hörby, Christian Benedictsson, co que tería dúas fillas.[2]

Logo de quedar encamada por unha enfermidade ósea, comezou a escribir, publicando a súa primeira escolma de relatos, Från Skåne, no 1884.[2][3] Benedictsson suicidouse no Hotel Leopold de Copenhague o 21 de xullo do 1888.[2][4] Foi soterrada no Cemiterio Oeste da capital dinamarquesa.[4]

Obra

Victoria Benedictsson é, xunto con August Strindberg, unha das principais figuras do realismo sueco. Nas súas novelas, describiu as desigualdades do matrimonio e reflexionou sobre os dereitos das mulleres. A crítica actual considéraa unha precursora do feminismo.[5]

Tamén escribiu obras de teatro, entre as que destaca I Telefon ("Ao teléfono"), que foi interpretada vinte e sete veces no Teatro Real de Estocolmo, con grande éxito.[6]

Traducións

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.