fidalga galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María Castaña,[1][2][3][4][5][6] Maricastaña[1][5][7] ou María Castiñeira,[6] nada en Cereixa (A Pobra do Brollón), foi unha fidalga galega de finais do século XIV, que liderou unha revolta contra o poder eclesiástico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIV Cereixa (A Pobra do Brollón), Galiza |
Morte | Antes de 1386 |
Residencia | Lugo |
País de nacionalidade | Galega |
Debía ser filla dos señores do couto de Cereixa.[1] Viviu na cidade de Lugo e era a muller de Martín Cego,[7] quizais descendente de Roi Cego, un dos cincuenta homes bos, os mellores de si, os cales, no nome do Concello, lle fixeron homenaxe e xuramento ó bispo Arias en 1295.[1] No ano 1386, reinando Xoán I de Castela, dirixiu unha revolta contra a opresión do bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar (1349-1390), que obrigaba os lucenses a facer fronte a elevados impostos, e coa axuda dos seus cuñados (ou fillos, segundo outras fontes)[7] matou a Francisco Fernández, mordomo do bispo.[2]
O padre Risco na súa obra "España sagrada", tomo XLI (1798)[8] afirma que o 18 de xuño de 1386 María Castaña, muller de Martín Cego, Gonzalo e Alfonso Cego confesaron que lle fixeran moitas inxurias á Igrexa de Lugo e terlle dado morte ao mordomo do bispo.[1][9] Sufocada a revolta, María Castaña e os dous cuñados (ou fillos) foron obrigados a doar os seus bens á Igrexa, entre eles as posesións en couto de Cereixa e mil marabedís.
“ | En el Archivo Episcopal en el Tom. I. de pergaminos se halla tambien un instrumento de reconocimiento y satisfacción dado en 18. de Junio de 1386. en el qual Maria Castaña, muger de Martin Cego, Gonzalo Cego, y Alfonso Cego, confiesan haber hecho muchas injurias à la Iglesia de Lugo, y haber matado à Francisco Fernandez, mayordomo del Obispo. Para satisfacción de estos delitos hicieron donacion à la Catedral de todas las heredades que retenian en el coto de Cereisa, y se obligaron à pagar mil maravedis de la moneda usual, protestando no harian daño jamas, sino que antes ayudarían en adelante á los recaudadores de la Iglesia y del Obispo. | ” |
— Risco, Manuel. 1798, España sagrada. Tomo XLI. De la Santa Iglesia de Lugo: continuación de su historia desde el siglo XII hasta fines del XVIII. |
María Castaña é unha figura histórica e lendaria coñecida en toda a Península Ibérica co nome de Maricastaña. Tamén é protagonista de textos literarios. É frecuente aludir a ela para referirse ao pasado remoto.[5][10]
En 1986 o concello de Lugo propuxo o seu nome para unha rúa da cidade, pero a proposta rexeitouse. Con todo, e en parte polo labor pedagóxico do profesor e investigador Isidoro Rodríguez Pérez, que colaborou na creación da asociación María Castaña, no ano 2000 púxoselle o nome da fidalga a unha das rúas extramuros da cidade. Así mesmo, o concello da Pobra do Brollón adicoulle o nome dunha pequena rúa sen saída.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.