Encarna Otero Cepeda, nada en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1950, é unha historiadora, mestra e política nacionalista galega.[1]
Encarna Otero nunha entrevista en 2017. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xullo de 1950 (74 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Tolosa-Jean Jaurès |
Actividade | |
Ocupación | escritora, mestra e política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
Entre 1971 e 1976 residiu na cidade francesa de Tolosa, licenciándose en 1975 en Historia na Universidade de Tolosa-Le Mirail.[2]
En 1978 xa é profesora agregada de Xeografía e Historia, exercendo no IES Eduardo Pondal en Santiago. Desde 1986 formou parte do Seminario Permanente de Historia de COU baixo a coordinación de Ramón Villares Paz.
Ten colaborado e colabora en diferentes publicacións galegas como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina, ou Festa da Palabra Silenciada, con diversos artigos sobre a muller na historia. É asemade autora de varios estudos académicos.[1]
Desde o ano 1970 militou activamente no nacionalismo. Durante a súa etapa en Francia participou no movemento antifranquista e coñeceu directamente a realidade do exilio. Desde 1982 formou parte do Consello Nacional do BNG. Desde o ano 1999 até o 2003 foi Primeira Tenente de Alcalde e Concelleira-Delegada de Rehabilitación do Centro histórico, de relacións co Consorcio e de Muller en Santiago. Foi directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda no goberno galego.[1]
No ano 2010 volveu ás aulas do IES Eduardo Pondal de Santiago a impartir clases.
En decembro de 2013 foi presentado un documental feito en colaboración co Consello da Cultura Galega sobre as mulleres que traballaron no wolframio, titulado "A luz do negro".
Obras
Ensaio
- Anacos de esperanza (2003). Sada: Ediciós do Castro. 269 páxs. ISBN 978-8484851110.
- Mulleres en Compostela. Elas Tamén contaron (2022). El Patito Editorial. 48 páxs. ISBN 978-8412247862.
Literatura infanto-xuvenil
- O branco país sen neve (2008). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Elisa Gallego Picard. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-110-2.
- A serea do mundo (2008). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Elisa Gallego Picard. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-109-6.
Obras colectivas
- Historia do Mundo Contemporáneo (1986). Galaxia-SM.
- Guía de Historia do Mundo Contemporáneo (1987). USC.
- A ollada exterior do nacionalismo galego (2011). Fundación Galiza Sempre.
- Ciencias Sociais para 4º de ESO. A Nosa Terra
Audiovisual
Premios
- 2024: Premio Begoña Caamaño[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.