En zooloxía denomínase míllara á masa compacta formada polo conxunto de pequenos ovos de certos peixes e crustáceos, envoltos nunha membrana.[1]
- O termo úsase xeralmente en plural.[1]
As míllaras son unha gran concentración de ovos de peixes e outros animais mariños como o ourizo de mar, as gambas, a vieira, e algúns tiburóns e, dentro dos non mariños, os dalgunhas ras.
Empréganse en cociña en moitos pratos, incluso crúdas ou queimadas. O caviar, considerado unha delicia culinaria, son míllaras da femia do esturión.
España
É común en todo o territorio español o emprego de míllaras de pescada, atún e outros peixes na cociñna española. Sérvense tanto crúas, como asadas, fritas ou adubiadas.[2] As míllaras de atún son un elemento típico das táboas ou pratos de salazones xunto ao bonito seco ou a mojama. Na Rexión de Murcia é habitual o consumo de míllaras de muxo salgado. No Principado de Asturias comen as míllaras dos oricios (ourizos de mar). En Galicia as preferidas son as da centola e as da vieira acabadas de cocer.
Italia
En Italia a bottarga é unha masa constituída por míllaras salgadas de muxo usada como aderezo dalgúns tipos de pasta.
Grecia e Turquía
O tarama turco é un meze turco e grego que emprega míllaras como principal ingrediente. É típico da illa de Leucas (Λευκάδα). O resto dos ingredientes poden variar, pero adoitan incluír aceite de oliva, allo, tomate, noces e pemento vermello. O meze chámase taramosalata (ταραμοσαλάτα) en grego, e consiste en míllaras con zumeo de limón, cebola, allo e aceite de oliva.
Dinamarca
As míllaras de Cyclopterus lumpus (stenbider) son moi prezadas na cociña danesa. Así mesmo, os daneses comen míllaras de bacallau (torsk).
Perú
Na gastronomía peruana ás míllaras chámanse hueveras. Son moi prezadas as de bonito, Anisotremus scapularis (un hemúlido), linguado e corvina. Consómense fritas en forma de chicharrón,[3] en xeleas e en tortillas,[4] e é unha preparación popular nas cebicharías do país.[5]
Venezuela
En Venezuela (principalmente no oriente e na illa de Margarita) é común o consumo de míllaras de peixes tales como o atún, os xurelos, Mugil liza (un muxo) e bagres. Polo xeral consómense fritas, aínda que tamén se pden consumir guisadas.
Xapón
Os xaponeses usan unha gran variedade de míllaras na súa cociña, entre as cales pódense destacar as seguintes:
- Ikura (いくら) – Míllaras de salmón. Son unhas esferas grandes dunha cor vermella-alaranxada. Debido a que as ovas de salmón utilízanse como carnada, as persoas que proben o suxi elaborado con elas por primeira vez poden quedar desconcertadas.
- Kazunoko (数の子/鯑) – Míllaras de arenque, amarelas ou rosadas, cunha textura gomosa e firme. Conforman unha soa masa, polo que aparentan ser un anaco de peixe.
- Mentaiko (明太子) – Míllaras de abadeixo de Alasca, especiadas con pementa vermella en po e rodeadas dunha fina membrana natural elástica. Estas ovas son de cor de avermellada a rosa.
- Tarako (たらこ) – Míllaras de abadeixo asadas.
- Tobiko (飛び子) – Míllaras de peix voador, de cor vermella-anlranjada, e crocantes.
- Uni (うに, 雲丹) – As gónadas do ourizo de mar (á veces chamadas equivocamente ovas) son fráxiles e fundentes. A súa cor varía de alaranxada a amarela pálidao. Consómense crúas ou pouco cociñadas.
- Son unha comida típica tamén da cociña coreana, da cociña suxi xaponesa, de Chile e do sur de España.
- Na cociña asiática considérase un alimento afrodisíaco.
Irán
Á parte do a mencionado caviar, nas provincias do mar Caspio cocíñanse bastantes variedades de míllaras das máis diversas maneiras.
- Bragada.[6]
- Bragal.[1]
- Ova.[1]
- En gastronomía denomínase coral.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.